Doutor en Filosofía e Antropoloxía pola USC, Licenciado en Humanidades pola Universidade de Santiago de Compostela e Diplomado en Profesorado de Educación Xeral Básica.
Membro da Comisión Territorial do Patrimonio Histórico da Xunta de Galicia en Lugo en representación do Consello da Cultura Galega, traballa como Responsable de Difusión da Rede Museística Provincial de Lugo.
Na actualidade é o Presidente da Asociación de Amigos dos cruceiros, cruces de pedra e petos de ánimas de Galicia e Secretario da Asociación de Amigos de Sargadelos.
Conferenciante e investigador, preferentemente sobre arte, cine e etnografía, é autor de diversas publicacións entre as que destacan os seus libros O cine en Lugo: 1897 - 1977: Notas para unha historia cinematográfica; O cinematógrafo nas festas de San Froilán (1898-1930) e A publicidade das festas de San Froilán: programas e carteis (1877-2011), este último en colaboración con Teresa Pena Moreda. Colaborador habitual do Boletín do Museo Provincial de Lugo, así como de outras publicacións períódicas, comeza a súa relación co mundo dos cruceiros en 1984 como coautor do Catálogo de cruces, cruceiros e petos de ánimas do concello de Lugo. Desde 1993 (xunto con J. M. Blanco Prado e Mario Saavedra Pérez) traballa no Proxecto Carboeira que ten por obxectivo o inventariado e catalogación de todo estes de monumentos na Terra Chá. Froito deste traballo son os libros: Cruceiros de Castro de Rei e Outeiro de Rei (1998), Cruceiros de Guitiriz (1999), Cruceiros de Begonte, Cospeito e Rábade. (2000), Cruceiros, Cristos e Cruces da Pastoriza (2002), Cruceiros, Cristos e Cruces de Xermade (2004), Cruceiros, cristos, cruces e esmoleiros de Abadín (2007), Cruceiros, cristos e cruces de Muras (2009) e Cruceiros de Vilalba (2012).
Dende o ano 2014, está realizando o inventario e a catalogación dos cruceiros, cruces e petos de ánimas da Ribeira Sacra lucense, zona que comprende os concellos de Portomarín, Taboada, Paradela, Chantada, O Saviñao, Carballedo, Pantón, Monforte de Lemos, Sober, A Pobra do Brollón, Ribas de Sil e Quiroga.
Tamén traballa na actualización do catálogo de cruceiros, cruces e petos de ánimas do concello de Lugo.
BIBLIOGRAFÍA
LIBROS:
Cruceiros de Vilalba. Vilalba: Instituto de Estudios Chairegos, 2012. (En colaboración con José Manuel Blanco Prado e Mario Saavedra Pérez).
A publicidade das festas de San Froilán en Lugo: programas e carteis. 1877-2011. Lugo: Excmo. Concello de Lugo / Concellería de Cultura e Turismo, 2011. (En colaboración con Teresa Pena Moreda).
Cruceiros, cristos e cruces de Muras. Vilalba: Instituto de Estudios Chairegos, 2009. (En colaboración con José Manuel Blanco Prado e Mario Saavedra Pérez).
Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros, cristos, cruces e esmoleiros de Abadín. Sada: Ediciós do Castro, 2007. (En colaboración con José Manuel Blanco Prado e Mario Saavedra Pérez).
O cinematógrafo nas festas de San Froilán de Lugo (1898-1930). Lugo: Excmo. Concello de Lugo/Concellería de Cultura e Turismo, 2006.
Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros, cristos e cruces de Xermade. Sada: Ediciós do Castro. 2004. (En colaboración con José Manuel Blanco Prado).
Guía do Museo Provincial de Lugo. Lugo: Servicio de Publicacións da Deputación Provincial de Lugo, 2003. (En colaboración con Xoán Ramiro Cuba Rodríguez e Antonio Reigosa Carreiras).
Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros, cristos e cruces da Pastoriza. Sada. Ediciós do Castro. 2002. (En colaboración con José Manuel Blanco Prado e Mario Saavedra Pérez).
Tempora mutantur. Reloxos do Museo Provincial de Lugo. Lugo. Deputación Provincial de Lugo/Museo Provincial de Lugo. 2001. (En colaboración con Mª del Rosario Fernández González).
Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros de Begonte, Cospeito e Rábade. Sada. Ediciós do Castro. 2000. (En colaboración con José Manuel Blanco Prado).
Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros de Guitiriz. Sada. Ediciós do Castro. 1999. (En colaboración con José Manuel Blanco Prado).
Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros de Castro de Rei e Outeiro de Rei. Sada. Ediciós do Castro. 1998. (En colaboración con José Manuel Blanco Prado).
O Cine en Lugo 1987-1977. Notas para unha historia cinematográfica. Vigo. Xerais. 1996.
OBRAS COLECTIVAS:
“Cruceiros, cruces e esmoleiros da Ribeira Sacra lucense: Concello de Sober”, en ACTAS DO VI CONGRESO GALEGO SOBRE CRUCEIROS E CRUCES DE PEDRA. Pazo de Tor (Monforte de Lemos, 15 e 16 de novembro de 2014. Lugo: Asociación de Amigos dos Cruceiros, Cruces de Pedra e Petos de Ánimas 2015. Páxs. 114-125.
“Cruces ou cruceiros góticos en Galicia?”, en ACTAS DO V CONGRESO GALEGO SOBRE CRUCEIROS E CRUCES DE PEDRA. O Porriño, 16 e 17 de novembro de 2013. Vigo: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía / Asociación de Amigos dos Cruceiros, Cruces de Pedra e Petos de Ánimas 2014. Páxs. 55-66.
“Os cruceiros na plástica galega. Algúns exemplos notables”, en Actas do IV congreso galego sobre cruceiros e cruces de pedra. Museo Provincial de Lugo, 17 e 18 de novembro de 2012. Vigo: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía / Asociación de Amigos dos Cruceiros, Cruces de Pedra e Petos de Ánimas, 2013.
“Os cruceiros galegos. Estado da cuestión”, en Actas do III congreso galego sobre cruceiros e cruces de pedra. Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2011. Vigo: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía, 2012.
“Cruceiros”, en Gallaecia Petrea. Catálogo da exposición. Santiago: Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria / Fundación Cidade da Cultura de Galicia, 2012. Páxs. 448-451.
Catálogo de EntoleARTE. Proxecto de creación artística multidisciplinar celebrado no Hospital Psiquiátrico de San Rafael (Castro Ribeiras de Lea) o 14 de abril de 2012. (En colaboración con Encarnación Lago González, Antonio Reigosa Carreiras, Xoán Ramiro Cuba Rodríguez).
“Galería fotográfica do claustro de San Francisco”, en O claustro franciscano do Museo Provincial de Lugo. Museo Provincial de Lugo / Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo, 2011.
“Motivos ornamentais e iconográficos nas bases dos cruceiros da Terra Chá”, en Actas do II congreso galego sobre cruceiros e cruces de pedra. Mos (Pontevedra): Vigo: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía, 2010. páxs. 104-115.
Cruceiros da Terra Chá: características xerais e algúns exemplos notables. En Actas do I Congreso Galego de Cruceiros e Cruces de pedra. Vigo (Pontevedra): Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía. 2009. páxs. 167-174.
Cartafol do Museo. Guía gráfica do Museo Provincial de Lugo. Museo Provincial de Lugo, 2007.
“A obra cerámica de Isaac Díaz Pardo na fábrica do Castro.” En Isaac Díaz Pardo. Creación e compromiso da Galicia do século XX. A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, 2007.
“Museos e discapacidade: o caso do Museo Provincial de Lugo.” En VIII Coloquio Galego de Museos: Os museos e o seu público. Ponteareas: Xunta de Galicia/Consello Galego de Museos/Museo Municipal de Ponteareas, 2006.
“O Museo Provincial de Lugo.” En Arte e Cultura de Galicia e Portugal: Museos Tomo II. Vigo: Nova Galicia edicións, 2005. Páxs. 142-160.
ARTIGOS EN REVISTAS ESPECIALIZADAS
“Relación entre os cruceiros de Vilalba e os canteiros “Carboeira” de Román” en Cadernos de Estudios Chairegos, nº 6. Vilalba (Lugo): Instituto de Estudios Chairegos, 2012, páxs. 57-78.
“Motivos ornamentais e iconográficos nos fustes dos cruceiros figurados da Terra Chá (Lugo)”, en Boletín do Museo Pronvincial de Lugo. Tomo XIV. 2009, 2010, 2011. Páxinas 93-116.
“Os Cruceiros da Terra Chá: Funcionalidade e inscricións nos cruceiros, cristos e cruces de Abadín (Lugo)” en Cadernos de Estudios Chairegos, nº 5. Vilalba (Lugo): Instituto de Estudios Chairegos, 2010, páxs. 33-51. (En colaboración con José Manuel Blanco Prado e Mario Saavedra Pérez).
Memoria dos actos conmemorativos para celebrar o 75 aniversario do Museo Provincial de Lugo, en Boletín do Museo Pronvincial de Lugo. Tomo XIV. 2009, 2010, 2011. páxs. 141-177.
Pezas pouco coñecidas do Museo Provincial de Lugo: un busto feminino de porcelana. Boletín do Museo Pronvincial de Lugo. Tomo XIII. 2006, 2007, 2008. páxs.227-233.
Os cruceiros da Terra Chá. Algunhas tipoloxías dos cruceiros do concello de Outeiro de Rei. Cadernos de Estudios Chairegos, nº 4. Vilalba (Lugo): Instituto de Estudios Chairegos, 2008, páxs. 59-74. (En colaboración con José Manuel Blanco Prado e Mario Saavedra Pérez).
Os cruceiros da Terra Chá. Algunhas tipoloxías dos cruceiros, cristos e cruces de Xermade. Cadernos de Estudios Chairegos. Nº 3, 2006. (En colaboración con José Manuel Blanco Prado).
Os cruceiros da Terra Chá. Algunhas tipoloxías dos cruceiros da Pastoriza. Caderno de Estudios Chairegos. Nº 2, 2004. (En colaboración con José Manuel Blanco Prado e Mario Saavedra Pérez).
Os Carboeira: unha saga de canteiros de Román (Vilalba). Boletín do Museo Provincial de Lugo, Tomo XI (Volumen 1), 2003/2004. (En colaboración con José Manuel Blanco Prado).
Os cruceiros da Terra Chá. Algunhas tipoloxías dos cruceiros de Cospeito. Caderno de Estudios Chairegos. Nº 1, 2002. (En colaboración con José Manuel Blanco Prado).
Do Teatro-Circo ó Gran Teatro: Historia cinematográfica. Boletín do Museo Provincial de Lugo. Tomo VII (1995/96) e Tomo VIII (1997/98).
Novas aportacións para un estudio do Carneiro alado de Ribadeo. Boletín do Museo Provincial de Lugo. Tomo VI (1993/94).
Aportacións para un estudio do Carneiro alado de Ribadeo. Boletín do Museo Provincial de Lugo. Tomo V (1992).
José Gil, pioneiro da cinematografía lucense, en Lugo. Boletín do Museo Provincial de Lugo. Tomo V (1992).
Unha dinastía de prateiros: obra dos Montaos na provincia de Lugo. Boletín do Museo Provincial de Lugo. Tomo III (1987).
Inventario de cruces, cruceiros e petos de ánimas do concello de Lugo. Boletín do Museo Provincial de Lugo. Tomo II (1984), Tomo III (1987) e Tomo IV (1988/1989). (En colaboración con Antonio Reigosa Carreiras e Xoán Ramiro Cuba Rodríguez).
Inventario Artístico de Lugo y su provincia: Tomos V e VI. En Boletín do Museo Provincial de Lugo. Tomo II, 1984.
Vida e obra de Pacios no Museo Provincial. Boletín do Museo Provincial de Lugo. Tomo I, 1983. (En colaboración con Antonio Reigosa Carreiras).
ARTIGOS EN REVISTAS
“Patrimonio lucense. Cruceiros urbanos de Lugo”, en Trasluz-Lukus. Lugo, nº 11, inverno 2011- 2012, páxs. 60-63.
“Cruceiros sobranceiros”, en Artesonado, nº 38. 2012, páxs. 10 e 11.
“Patrimonio lucense. Cruceiro dos Carboeira. Símbolo dunha dinastía de canteiros”, en Trasluz-Lukus. Lugo, nº 10, verán 2011, páxs. 55-57.
“O cine en Lugo: “Aquellos maravillosos cinematógrafos”, en Trasluz-Lukus Lugo, nº 9, primavera 2011, páxs. 43-54.
“Patrimonio lucense. Único exemplo de cruceiro policromado”, en Trasluz-Lukus. Lugo, nº 9, primavera 2011, páxs. 66-67.
“Patrimonio lucense. Un curioso cruceiro en Xermade: O Cristo Enxoito”, en Trasluz-Lukus. Lugo, nº 8, outono-inverno de 2010-2011, páxs. 68-71.
“Cruceiro do Fiouco. Un exemplo de amizade”, en Trasluz-Lukus. Lugo, nº 7, verán de 2010, páxs. 52-55.
“Cruceiros do Camiño Francés na provincia de Lugo: compañeiros de viaxe”, en Trasluz-Lukus. Lugo, nº 6, primavera de 2010, páxs. 26-29.
“O cruceiro do adro da igrexa de Trobo: peza singular e única”, en Trasluz-Lukus. Lugo, nº 5, inverno 2009-2010, páxs. 50-52.
“Cruceiro da Praza de Santa María de Lugo: o gran descoñecido”, en Trasluz-Lukus. Lugo, nº 4, outono de 2009, páxs. 30-32.
“O cruceiro de Lanzán, peza execpcional”, en Trasluz-Lukus. Lugo, nº 3, verán de 2009, páxs. 87-88.
“Os cruceiros lucenses, testemuñas de devoción”, en Trasluz-Lukus. Lugo, nº 2, primavera de 2009, páxs. 55-62.
“Referente cultural de Galicia: o Museo Provincial de Lugo”, en Trasluz-Lukus. Lugo, nº 1, inverno 2008 - 2009, páxs. 32-34.
“Un xardín menos.” En Artesonado, nº 4. Decembro, 1989.
“Outra víctima da especulación.” En Artesonado, nº 2. Xuño, 1988.
“Aproximación á riqueza histórico-artística de Trabada.” En Revista Lucus. Marzo, 1987.
“Los baños termales de Lugo.” En Antena Dominical. 18-VII-1982.
“Monte Medulio, una verdad legendaria.” En Antena Dominical. 23-V-1982.
“El enigma de Santa Eulalia de Bóveda.” En Antena Dominical. 7-II-1982.
En 1987 foi gañador da XIII edición do Premio Manuel Mato Vizoso (xunto con Antornio Reigosa e Xoán R. Cuba), ex aequo, convocado polo Concello de Vilalba polo artigo Cruces, cruceiros e petos de ánimas da bisbarra chairega.
En 1999 foi distinguido, xunto con J.M. Blanco Prado, co Premio Cal da Loba otorgado polas Brigadas en Defensa do Patrimonio Chairego.