Manuel Aguirre de Tejada


Categoría: Avogado e político
Data de Nacemento: 28 de decembro de 1827 (†En 1911)
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

Estudiou Dereito en Madrid. En 1854 marchou a Cuba pero ó ser elixido deputado por Ferrol regresou a España. Cánovas del Castillo nomeouno ministro de Ultramar en 1883, presidente do Tribunal do Contencioso Administrativo en 1890 e ministro de Gracia e Xustiza en 1895.

 Obras realizadas

Colaborou na “Revista Contemporánea”. Cando ingresou na Academia de Ciencias Morais e Políticas, leu o discurso Índole y extensión de las inmunidades parlamentarias, que posteriormente publicou en “Revista contemporánea”.

 Outros datos de interese

En 1875 foille concedido o título de Conde de Tejada de Valdosera. Pertenceu á comisión que redactou a Constitución de 1876.