Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1951 ata 1985 foi xuíz comarcal (máis tarde chamado "de distrito"). Logo pasou a ser xuíz de primeira instancia e instrucción, pasando a desempeña-lo cargo en Granollers e en outubro en Vilagarcía. Ascendeu a Maxistrado, exercendo en Cidade Real e logo no Xulgado do Penal nº 2 de Pontevedra, onde se xubilou no ano 1989. Eventualmente traballou nos Xulgados da Estrada, Padrón, Cambados e Sanxenxo. Empezou a colaborar no xornal La Noche en 1952, pasando por case tódolos diarios galegos: Ideal Gallego, Faro de Vigo, Diario de Pontevedra, El Correo Gallego, etc, practicando tódolos xéneros periodísticos, pero principalmente o artigo de humor, a gran reportaxe, entrevista, crítica de pintura e TV, etc.
Cofundador da "Ruta Fluvial Jacobea". Cofundador do Padroado "Pedrón de Ouro". Coordinador de delegacións e membro de Padroado "Rosalía de Castro". Membro do Ateneo do Ullán, que creou a "Romaría Vikinga". Secretario e cofundador da "Xuntanza en Dovélica". Realizou traballos de investigación con motivo das estancias da escuadra inglesa en Vilagarcía, da figura de D. Laureano Salgado Rodríguez, iniciciador da riqueza hidroeléctrica galega, sobre o pintor Pesqueira, en colaboración con Baldomero Cores, e recolleu datos de máis de 500 xornais locais desde 1878 a 1914.
Escribiu unha novela e varias narracións curtas.Colaborou na recollida de orixinais e recordos do poeta Manoel Antonio con García Sabell, "Borobo" e "Roseriux". Está casado con Mª Teresa Rodríguez Vieites e ten seis fillos e 10 netos.