Tras abandonar os seus estudios, comezou a traballar nunha imprenta como aprendiz de fotogravado. Comezou a pintar como autodidacta e posteriormente ingresou na Escola de Artes e Oficios da Coruña, na que obtivo grandes calificacións e premios. En 1908, recibiu subvencións do Concello e da Deputación Provincial da Coruña para ampliar os seus estudios en Madrid, onde ingresou na Escola Especial de Pintura, Escultura e Gravado e na Academia do Círculo de Belas Artes. Durante 1913 e 1914 estudiou en Roma gracias a unha subvención da Academia de Belas Artes da Coruña e, trala celebración de numerosas exposicións por toda España, a Deputación da Coruña concedeulle unha bolsa para estudiar durante tres meses en Italia, Suiza e Francia.
As súas obras figuran en diversos museos de Europa e América. Destacan especialmente os seus cadros Palatino, Foro Romano, Tríptico bohemio, Octubre e Neblina.
En 1943 foi premiado coa Terceira Medalla da Exposición Nacional de Belas Artes. Foi membro da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, da Real Academia Galega, representante en Galicia da Asociación de Pintores e Escultores de Madrid e socio de honor da Casa de Galicia de Barcelona e Bilbao.