Funcionaria da Delegación de Facenda en Lugo durante cincuenta anos. Xunto con súa irmá Ofelia fundou a Confraría “Entrada Triunfal de Jesús en Jerusalén” (La Borriquita), que desfila o Domingo de Ramos e o Venres Santo ininterrompidamente desde 1945. Empezou con sete soldados romanos e cinco hebreos e na actualidade son aproximadamente setenta e douscentos respectivamente.
Sempre saíu a procesión, sendo case un milagre polas dificultades climatolóxicas. Durante varios anos colaboraron coa Confraría do Bo Xesús. Sostiñan a Confraría con cotas de tres euros ó ano, axuda da Deputación Provincial, algúns donativos e un continuado esforzo persoal durante todo o ano.
Non só coidaban o paso, os uniformes e o vestiario, senón que corrían con toda a organización, limpeza e conservación, vivindo todo o ano con vistas ó sostemento da Confraría. A finais dos anos 50 foi unha das maiores axudantes de D. José Fernández para a creación da Parroquia da Milagrosa, con máis de mil nenos no catecismo e diversas actividades.