Francisca López López


Data de Nacemento: 9 de Febreiro de 1969
Lugar de Nacemento: Barcelona
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

É coordinadora de proxectos para o desenvolvemento da artesanía no Centro de Artesanía e Deseño de Lugo.  Os seus intereses xiran en torno ao pensamento de deseño como ferramenta para a adaptación da microempresa artesá ás necesidades do consumidor.
Estudou patronaxe industrial  con  Sabina Lozano e Celsa López, completando a súa formación na Escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón e iniciando a súa carreira profesional  moi cedo coa redacción do seu propio método de ensinanza de patronaxe industrial, para máis tarde formar parte do equipo docente da escola de deseño e moda Fashionmas.
Traballou como free lance para particulares, empresas e institucións locais, sendo cofundadora da Asociación Muralla Moda e coordinando a pasarela Lucus Augusti  para máis tarde dirixir o proxecto de formación e promoción de moda e artesanía local: Deseño de Orixe Galego.
Directora do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo desde a súa posta en marcha en 1994 ata principios del 2007, onde desenvolveu gran parte da súa actividade profesional organizando a actividade dos obradoiros permanentes de Instrumentos Musicais, Traxes Rexionais, Encadernación e Moble.
Dirixindo e presentando reportaxes e espazos de artesanía, deseño e moda para Telelugo, Televisión de Galicia e Telecinco. Deseñando ducias de stands institucionais galardoados en salóns profesionais de IFEMA, Fira de Barcelona, IFEVI ou Silleda, e máis dun cento de escenografías e montaxes de exposicións.
Relatora en seminarios de artesanía e membro do xurado nos concursos como Tesoiras da Xunta de Galicia, Pasarela Mozos Deseñadores da Feria de Camariñas, e premios de artesanía como o Certame Antón Fraguas, Terra das Mariñas e Suave II.
Promoveu a creación do PADA –Programa de Axudas para o Desenvolvemento da Artesanía-  nos ámbitos de investigación, deseño, formación, novas tecnoloxías e cooperación. Ao longo de dez anos organizou cursos, xornadas, encontros, demostracións, congresos e workshops en torno a técnicas de especialización artesanal, creatividade, deseño ecolóxico, novos materiais, novas tecnoloxías e tendencias.
Respecto á promoción comercial da artesanía organizou as dez primeiras edicións de Artesanfroilán e a posta en marcha do proxecto La Comercializadora.

 Obras realizadas

Promoveu a edición de publicacións e material didáctico como: Escultura Gallega Contemporánea: la cerámica como punto de partida. Dos culturas y un diálogo, EKWC, Cerámicas de Picasso, 10 meses y 10 días, Configuras, Kei Ito, Rastros, Etnolab, Mujeres desde el vidrio, Obradores Gaudí, Cestería de los pueblos de Galicia, Plantas cesteables, Alfarería de Bonxe, Os ferreiros de Ferreiravella, Reproducciones de Arte de los museos de Lugo, Manuales tecnológicos para la artesanía, etc.
Traballou para a reconstrución e ampliación de instalacións provinciais dedicadas á artesanía, destacando o Obradoiro de Cestería orientado a promover a utilización de fibras vexetais autóctonas e o deseño sostible. E a Capela de Santa María dedicada á organización de presentacións, chill outs, performances e exposicións de deseño e artesanía contemporáneos.
En materia educativa impulsou as prácticas no Centro de Artesanía de alumnos de formación profesional e universitaria, creou os Obradoiros Portátiles e o programa Amigos da Artesanía. Colaborou en accións de recuperación do patrimonio etnográfico, cultural e relixioso da provincia de Lugo e foi membro do Consello de Cultura da Deputación de Lugo.
En canto á responsabilidade social, promoveu a realización de plans de xestión de calidade  e promoveu a adhesión do Centro de Artesanía e Deseño ao Pacto Mundial, sendo unha das entidades cofundadoras da ASEPAM.
Xefe de Fila do proxecto AVANTCRAFT: mozos deseñadores, novas formas, novos modos, novos tempos para a Cultura Atlántica; destacado pola Comisión Europea entre os 50 mellores proxectos europeos no ámbito da economía do coñecemento.
É membro do Grupo de Traballo do Bosque Sagrado de Lugo da fundación Ciudadano Verde.