Mª Dolores Brage Mendía


Pseudónimo:María Braxe
Categoría: Gravadora e ilustradora
Data de Nacemento: 16 de decembro de 1967
Lugar de Nacemento: Mugardos (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

É diplomada en Artes Aplicadas e Oficios Artísticos pola Escola Pablo Picasso da Coruña.

 Obras realizadas

Como gravadora realizou o gravado para a Marcha Mundial das Mulleres que se celebrou en Nova York no ano 2000 e que se utilizou nos carteis para os actos organizados na cidade da Coruña. Ilustrou libros como A promesa e outras pezas e A Memoria Perdida de Lino Braxe, Guiso de Choupa de X. M. Martínez Pereiro e Whisky na barrica de Miguel Mato. Realizou as seguintes exposicións colectivas: Galería Arracada (A Coruña, 1985), Fortaleza de San Damián (Ribadeo, 1997), Grupo Artual-Museo Torres (Marín, Pontevedra, 2002), Gravadores do CIEC (Pavillón de Estudiantes, Universidade da Coruña, 2000) e Visual Galicia (Centro Galego de Lisboa). Fixo as seguintes exposicións individuais: Homenaxe a Grecia (Casa Charry, Oleiros, A Coruña, 1999), Galería Príncipe de Asturias (A Coruña, 2001), Hotel Meliá María Pita (A Coruña, 2003) e Museo dos Muíños (Culleredo, A Coruña, 2003).

 Outros datos de interese

Forma parte do grupo "Gárgola", taller de restauración e reproducción de obras monumentais como a Catedral de Santiago ou a de Granada, e creador do belén municipal do Concello da Coruña. Tivo unha intervención artística na Praza de Lugo da Coruña con "Exposición no mercado" (2002).