É licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela e médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Posúe o Grao de Licenciada en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela e o Diploma de Estudios Avanzados en Medicina Clínica, avances e investigación pola Universidade da Coruña, coa distinción de suficiencia investigadora. É, tamén diplomada en Sanidade pola Escola Nacional de Sanidade. Fixo un master en Xeriatría (Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela – SERGAS) e outro en Drogodependencias e SIDA. Colexio de Médicos e Instituto de Investigación en Ciencias Sociais.
Escribiu diversos artigos e publicou traballos de investigación, comunicacións e relatorios en congresos nacionais e internacionais de Medicina. Foi coordinadora de cursos de formación de Voluntariado Social, docente en cursos de Formación de Voluntariado, coordinadora de cursos de Coidando ó Coidador e docente en cursos de Coidando ó Coidador.
Conseguiu varios premios e bolsas de investigación. Ocupou o cargo de presidenta da ONG “Ancianos del Mundo” e é membro numerario da Academia Médico-Quirúrxica de Lugo, membro numerario da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría e membro numerario da Fundación para a Investigación e Desenvolvemento da Asistencia Primaria.