Mª del Carmen Gómez Novoa


Pseudónimo:Maika G. Novoa
Categoría: Pintora
Data de Nacemento: 3 de xullo de 1947
Lugar de Nacemento: Santiago (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

Graduada en Ciencias Sociais pola Escola Social da Universidade de Santiago de Compostela, (1965-1969), é licenciada en Belas Artes pola Universidade de Bilbao (1980-1985). Ademais, realizou estudos de doutorado na Facultade de Belas Artes da Universidade de Pontevedra (1991-93) e é doutorada con mérito, sobresaínte, cum laude por unanimidade, pola súa tese titulada 'Ciclos de significado na evolución da obra artística'.
Creación dun método para a análise nunha práctica persoal' (1999).
Realizou unha estadía de investigación en USA durante tres meses na Universidade de California en Los Angeles (UCLA), obtivo unha bolsa da Universidade de Santiago de Compostela (2000-01).
Curso en USA baixo a dirección da artista Linda Jacobson da Universidade de California en Los Angeles (UCLA Extensión) (2003).
'Estudio de las imágenes del subconsciente, según las teorías Jungianas', curso teórico-práctico no que as imaxes nocturnas pasan á realidade mediante diferentes técnicas provocadas.

POSTOS DOCENTES DESEMPEÑADOS
Profesora de debuxo e pintura na Escola Taller sita no Museo do Pobo Galego, como xefe de taller atende encargos artísticos para o Concello de Santiago (1986-1989).
Crea unha academia privada de preparación a Belas Artes e Arquitectura (1986-1990).
Profesora Interina na Universidade de Santiago de Compostela. Escola Universitaria de Formación do Profesorado de EXB (1989-90).
Titular da Escola Universitaria na área de debuxo na Facultade de Ciencias da Educación (1989-1999).
Pasa á area de Didáctica da Expresión Plástica no ano 2000.

ACTIVIDADE INVESTIGADORA DESEMPEÑADA
Realización da Tesiña de Licenciatura na Escola de Graduados Sociais (1973).
Tese en Belas Artes 'Ciclos de significado en la evolución de la obra artística. Aplicación de un método a la práctica personal' (1999).
Colabora no II Encontro de expresión plástica en Galicia. El espacio en la plástica. Escola Universitaria de Formación do Profesorado de EXB (1990).
Directora do Grupo de Investigación. Liña de traballo: 'Posibilidades de expresión artística a través del plano, el volumen y otros medios'.
Departamento de expresión Musical Plástica e Corporal (1995).
Colaboración co grupo de investigación Arte 7, acerca de 'Elaboraciones de planes de acción como alternativa para la educación artística', Departamento de Expresión Musical Plástica e Corporal (2000).

 Obras realizadas

PUBLICACIÓNS
-1984: 'Libido', Caderno mensual de poesía, 'Video-Arte', Revista Arte Galicia e 'Imaxes dos oitenta', Xornal El Ideal Gallego.
-1985: 'Museos de Arte contemporaneo', Revista Arte Galicia.
-1986: 'Facultad de Bellas Artes para Galicia', Revista Arte Galicia.
-1989: 'Kafka tenía razón', Xornal El Correo Gallego.
-1990: 'El arte de lo cotidiano', Xornal El Correo Gallego.
-1991: 'A casa da Parra: 'Galiza, tradición e deseño', Revista galega de pensamento feminista Andaina, Santiago de Compostela.
-1992: 'Elucubracións dunha artista sobre a construción da irrealidade-real', Revista Andaina, 'As Avangardas rusas do Auditorium', Revista Andaina, 'A Documenta de Kassel...!', Revista Andaina e 'Flexibilidad de criterio a través del aprendizaje del arte', Revista Adaxe, Universidade de Santiago de Compostela.
-1993: 'A pintura de Bill Jacklin', Revista Andaina, 'A Quintana recanto de arte. Exposicións: ‘Objetos imposibles’ e 'Figura, fondo y transparencias', Revista Andaina, 'Flexibilidad de opinión a través del aprendizaje artístico', Revista de Educación Adaxe e 'Maruja Mallo: pintora', Revista Andaina.
-1994: 'Pretensiones hacia la simplificación', Revista de Educación Adaxe, 'Tamara de Lempicka', Revista Andaina e 'Pretensiones hacia la simplificación', Revista Adaxe.
-1995: 'Las fórmulas artísticas y sus variaciones en el tiempo', Revista Adaxe.
-1996: 'El retorno al concepto de 'ARTE TOTAL', Revista Adaxe, 'Relaciones existentes en el Arte', relatorio presentado no Congreso de 'Lingua Literatura e Arte' do Departamento de Didáctica da Lingua e a Literatura na Universidade de Santiago e 'Lianas', carpeta de dous gravados, presentada en Sargadelos, coa colaboración literaria de Aurora Marco e poética de Ana Romaní.
-1998: 'Nocturnos', carpeta de gravados presentada no Colexio de Arquitectos coa intervención do Profesor David de Prado como relator.
-1999: 'La intuición estética en la educación', Revista de Estudos e Experiencias Educativas, Facultade de Ciencias da Educación, Universidade de Santiago.
-2000: 'El plano abstracción y relatividad', Revista de Estudos e Experiencias Educativas, Facultade de Ciencias da Educación, Universidade de Santiago.

EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
-1980: ‘Retratos’, Banco de Bilbao, Ferrol.
-1981: LAMIAK, Bilbao.
-1982: Galería Sementeira, Noia (A Coruña).
-1984: LAMIAK, Bilbao.
-1986: Galería Sementeira, Noia (A Coruña).
-1988: 'Casa da Parra', Departamento de Cultura da Xunta de Galicia, Santiago e 'Piwnica pod Baranami', Palacio Potowski, Cracovia (Polonia).
-1989: 'Piwnica pod Baranami', Palacio Potowski, Cracovia (Polonia).
-1990: Galería Trinta, Club Financeiro, A Coruña.
-1996: 'En la cuerda floja', Galería Mundo Creativo, Santiago, 'En la cuerda floja', Auditorio de Caldas de Reis e presentación da Carpeta de Gravados 'Lianas' na Galería Sargadelos. Colaboran nos textos Aurora Marco na presentación, e Ana Romaní con 'Un poema para dous gravados'.
-1997-98: 'Nocturnos', Casa de Galicia, exposición organizada pola Xunta de Galicia e presentación da Carpeta de Gravados 'Nocturnos' con exposición de pintura, Colexio de Arquitectos de Santiago.
-1998: Depósito dun mural de tres metros na Facultade de Ciencias da Educación Campus Norte situado na Biblioteca do Centro e exposición itinerante organizada pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia: Sala da Biblioteca Pública da Coruña, Sala da Biblioteca Provincial de Lugo, Sala da Delegación Provincial de Cultura de Pontevedra e Ateneo de Ourense.
-1999: Exposición de Gravados na Galería EMECE, Santiago.
-2000: Club Financeiro, Galería Obelisco da Coruña.
-2005: Inauguración de Espazo Múltiple, Santiago de Compostela e inclusión na Colección da Facultade de Económicas dun mural de 5 metros.

EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
-1981: SAF, Ferrol e Universidade Complutense de Madrid.
-1982: SAF, Ferrol.
-1984: Galería Windsor, Bilbao.
-1985: Aula de Cultura 'Elcano', Bilbao.
-1986: Aula de Cultura 'La Caixa', A Coruña e Galería Trinta 'Babel', Santiago de Compostela.
-1988: 'Maika Novoa&Begoña Galartza', Caixa de Bilbao, Deusto.
-1989: '15 en Trinta', Galería Trinta, Santiago de Compostela, Fondos de Galería para el Verano 89, Galería Trinta, Santiago e Galería Sargadelos, Santiago de Compostela.
-1991: 'Elementos', Museo do Pobo Galego, exposición colectiva de Antonio Murado, Norberto Olmedo e Maika Novoa en pintura e Enrique Saavedra Chicheri en escultura, Santiago de Compostela e Galería Sargadelos, Santiago de Compostela.
-1992: 'Voila la femme', Ateneo de Marín (Pontevedra).
-1993: 'Figura fondo e transparencias', Colexio de Arquitectos de Santiago de Compostela, Galería 'Mundo Creativo', Santiago de Compostela, Galería Sargadelos, Santiago de Compostela e Aliad-Ultreia, Deputación de Lugo.
-1994: Mundo Creativo, Santiago de Compostela.
-1996: 'Nós Outras', Minotauro, Santiago de Compostela.
-1998: Colaboración de Artistas Plásticos de Pontevedra para a Asociación de Solidariedade Galicia- Cuba, Turiarte 98, Stand Fundación Semana Verde de Galicia.
-1998-1999: Itinerante 'Ollo ao Lixo', Adega, Concello da Coruña, Forum Metropolitano Parque Europa (A Coruña); Claustros de San Francisco (Viveiro), Concello de Viveiro; Casa da Cultura do Barco, Concellería de Educación, Casa da Xuventude (Ourense), Area Central de Santiago, Concello de Santiago, Ateneo Ferrolán, Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ferrol, Casa do Concello de Carnota e Auditorio Municipal de Corcubión.
-1999: Itinerante, homenaxe de Artistas Galegos ó Che no 31 Aniversario da súa morte e HOMENAXE A UXIO NOVONEYRA, Catálogo de Pintores e Poetas.
-2000: Proxecto Home, Claustro alto do Pazo de Fonseca da Universidade de Santiago (Santiago), Casa das Artes (Vigo), Caixa Galicia (Lugo), Pazo da Cultura (Pontevedra), Estación Marítima (A Coruña) e Museo Municipal (Ourense e Ferrol), exposición de debuxo e gravados, organizado pola Xunta de Galicia na Alameda de Santiago de Compostela e 'Artistas Compostelanos', Galería Citania (Santiago de Compostela).
-2004: 'Homenaxeando a Dalí', Fundación Araguaney (Santiago de Compostela).
-2005: COIE e colectiva de Artistas Galegos, itinerancia por distintos hoteis do entorno galego.

 Outros datos de interese

OUTROS MÉRITOS DOCENTES E DE INVESTIGACIÓN
Foi membro da Comisión Económica na Facultade de Ciencias da Educación durante os cursos 1995-98 e membro da Comisión de Actividades Culturais, sector Profesorado desde 1998 ata a actualidade. Colaborou na organización da conmemoración do 150 Aniversario e Exposición: 'A educación en Galicia (1669-1970). Textos escolares, escritos de pedagoxía, prensa educativa', organizada pola Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (1999). Participou nunha estancia en USA-California na Universidade de Los Angeles de California (UCLA) durante os meses de outubro, novembro e decembro do 2000, desenvolvendo actividades de investigación no Departamento de Arte (Fine Arts) desa Universidade. En maio de 2004 inicia unha actividade empresarial, sendo a responsable da dirección de obra e da decoración do local sito en Las Huérfanas 10 de Santiago de Compostela 'Mercedes Mora'. Continúa a actividade iniciada coa creación dun novo espazo o 'Espazo Múltiple' en 2005. Ademais, leva a cabo actividades creativas e dedicadas ó mundo da empresa desde un punto de vista estético.