De pai salmantino e nai rioxana, estuda no Colexio das Xosefinas ata que en 1974 se desplaza a Santiago de Compostela para estudar medicina. O concluír a carreira regresa a Lugo, onde comeza a traballar no Centro de Especialidades, simultaneando este traballo, dende 1994 ata o ano 2000, co que realiza no servizo de urxencias do Policlínico Lucense (POLUSA). Dende o ano 2000 está adscrita ó servizo de Admisión do Hospital Xeral de Lugo como responsable do Servizo de Atención ó Usuario.
Dada a súa afección a todo tipo de expresión artística, á historia da arte e á historia en xeral, intenta dende hai uns anos concluír a licenciatura en Xeografía e Historia na UNED.Dende que aprende a coller un lapis, descobre que lle gusta debuxar e colorear. Dende os sete anos e ata os dez, recibe clases de debuxo do recoñecido pintor López Guntín. Durante os anos de bacharelato e da carreira fai un parón nestas clases.No ano 1980 reinicia clases de debuxo e pintura, tamén a cargo dun recoñecido pintor, Don Xesús Blas Lourés, sendo admiradora do seu dominio do color, o seu decidido trazo, e eses sinxelos debuxos que concentran en sabias liñas o fundamento, e a alma de calquera cousa que pinta. No ano 2000 abandona estas clases por motivos laborais.Técnicas empregadas, habitualmente o óleo, e só ocasionalmente tenta facer algunha acuarela.En 2005 o xornal El Progreso publicou unha entrevista súa polo feito de ser Médico e afeccionada á Pintura e á Fotografía.
EXPOSICIÓNS
I Exposición Itinerante de Médicos Artistas Plásticos de Galicia no Camiño, entre os anos 2008-2009.
Exposicións de final dos cursos realizados no Círculo da Artes de Lugo.
Exposición de Médicos Artistas Plásticos de Galicia, no Barco de Valdeorras, no mes de Xuño de 2009.
Medicina e Arte, outro Camiño; entre os meses de outubro e novembro de 2009.
PREMIOS
-1995: Primeiro Premio no II Concurso de Pintura do Día do Médico, Colexio de Médicos, Lugo.
-1997: Accésit no IV Concurso de Pintura do Día do Médico, Colexio de Médicos, Lugo.
-1998: Terceiro Premio no Concurso de Fotografía convocado pola Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Lugo.
-1999: Accésit no VII Concurso de Fotografía do Día do Médico, Colexio de Médicos, Lugo.
-2000: Primeiro Premio no V Concurso de Pintura do Día do Médico, Colexio de Médicos, Lugo.
-2003: Primeiro Premio no XI Concurso de Fotografía do Día do Médico, Colexio de Médicos, Lugo.
-2005: Cuarto Premio no Concurso de Fotografía convocado por Previsión Sanitaria Nacional.