Isidro García Tato


Data de Nacemento: 21 de decembro de 1947
Lugar de Nacemento: Villadequinta de Valdeorras (Ourense)
 Currículum

É licenciado en Teoloxía (Universidade Pontificia, Salamanca, 1973), Doutor en Teoloxía (Universidade de Munich, 1981) e Doutor en Filosofía (Universidade Complutense, 1986).

SITUACIÓN PROFESIONAL ACTUAL
É científico titular do Consello Superior de Investigacións Científicas e do Instituto de estudos galegos ‘Padre Sarmiento’ (Santiago de Compostela). Entre 1973 e 1976 foi bolseiro nas Universidades de Munich e Ratisbona (Alemaña). Nesta última foi alumno do Prof. Joseph Ratzinger (Papa Benedicto XVI). De 1976 a 1981 foi axudante de Cátedra na Facultade de Teoloxía da Ludwig-Maximilians-Universität de Munich e entre 1982 e 1986 bolseiro post-doutoral no Instituto Francisco Suárez e no Departamento de Historia Medieval do Centro de Estudos Históricos do CSIC. En 1986 foi contratado no Departamento de Historia Medieval, Centro de Estudos Históricos do CSIC (é científico titular do CSIC desde o 1 de xuño de 1984). Entre 1984-85 foi secretario da Revista Española de Teoloxía. Durante dez semestres, comprendidos entre 1976-1981, impartiu dez cursos na Universidade de Munich. Desde 1983 foi relator en congresos, tanto nacionais como internacionais, cursos de verán, organizando e impartindo seminarios e conferencias. É membro do consello científico da revista ‘Estudios Mindonienses’ (a partir de 1985), membro do Consello de Redacción do Instituto de Estudos Valdeorreses (a partir de 1984), membro de mérito do Instituto de Estudos Valdeorreses, letra D (a partir de 1990), secretario de Cadernos de Estudos Galegos (desde novembro de 1997), membro do consello de redacción de Cuadernos de Estudios Galegos (a partir de 2000) e secretario de publicacións do Instituto de Estudos Galegos ‘Padre Sarmiento’ do CSIC (a partir de 2001).

 Obras realizadas

Ten publicado gran cantidade de libros entre os que destacan: Die Trinitätslehre Karl Barths als dogmatisches Strukturprinzip (Bad Honnef, 1983), Anselmo de Canterbury y el ‘racionalismo deductivo’ medieval (Madrid, 1986), Tomás de Aquino y el latín medieval (Madrid, 1986), La Reforma Hirsauense (Madrid, 1986), La documentación medieval del Tumbo del monasterio de San Martín de Castañeda relativa a Valdeorras (O Barco de Valdeorras, 1986), Telesforo Ojea y Somoza. Vida e ideología de un republicano federal (1858-1890) (O Barco, 1990), Valdeorras de cara al año 2000. Pasado, presente y futuro de una Comarca (O Barco de Valdeorras, 1996), 2 Vols., 1400 pp. Premio de investigación histórica ‘Pedro Tertuliano Hervella 1993’, Vilanova, Outarelo y San Francisco Blanco. Monografía histórica de una parroquia gallega, (O Barco), Vicente Fidalgo Tato, médico y valdeorrés ilustre (1859-1937), (O Barco de Valdeorras, 2000), Actividad del Santo Oficio de la Inquisición en tierras de Viana, O Bolo, Trives y Valdeorras (O Barco, 2001) (Traballo galardoado co premio ‘Pedro Tertuliano Hervella’ na súa VII edición), Bolo y Viana do Bolo, dos jurisdicciones de realengo (Santiago, 2001), La Casa de Outarelo de Valdeorras. Formación y desarrollo de su patrimonio (Santiago, 2001), Frei Martín Sarmiento. (Fasquia, nº 8; Toxosoutos; Noia, 2001), Fray Martín Sarmiento (Noia, 2003), Biografía anónima del Padre Sarmiento. (Xunta de Galicia, Instituto de Estudos Galegos ‘Padre Sarmiento’; Santiago, 2003), Doce grandes filósofos (Santiago, 2003), Ludwig Feuerbach (A Coruña, 2003), Las encomiendas gallegas de la Orden Militar de San Juan de Jerusalén, Estudio y edición documental. Tomo I: Época medieval (Consejo Superior de Investigaciones Científicas, Xunta de Galicia. Instituto de Estudios Gallegos ‘Padre Sarmiento’; Santiago, 2004) e La fundación do Hospital de Nosa Señora dos Anxos de Ribadavia (1560) (Cadernos de Ribadavia; setembro 2004; Ribadavia, 2004). Desde 1976 ten publicado artigos en revistas españolas e estranxeiras e ten participado en libros, monografías, volumes colectivos e realizado traducións do alemán ó español.

 Outros datos de interese

Fala latín, grego clásico e bíblico, alemán, italiano, francés, galego e portugués.