Luis Rial Suárez


Categoría: Periodista radiofónico
Data de Nacemento: 4 de agosto de 1942 († 7 de xaneiro de 2024)
Lugar de Nacemento: Santiago
 Currículum

Vencellado desde moi novo cos Medios de Comunicación. Estivo doce anos de correspondente de Radio Nacional de España en Santiago. No ano 1985, co gallo de poñerse en marcha a Radio Autonómica Galega é o primeiro locutor contratado pola canle autonómica. Na Radio Galega Luis Rial, ostentou diferentes cargos como xefe de reporteiros e responsable da área de emigración. Desde hai 10 anos coordina o apartado das festas; cada fin de semana, percorre Galicia co seu programa "Un Día de Radio", que se emite de 13 a 14 horas os sábados e Domingos.

 Obras realizadas

Realizou a Festa do Amor, a Volta Galega a España, a Volta Galega a Europa, o programa de sucesos Oito Meses e un Día. Ademais, realizou transmisións desde un cárcere e desde un globo. Tamén realizou transmisións desde América.

 Outros datos de interese

- "Premio de Xornalismo de Galicia" do ano 1988.

- "Premio á Galeguidade" ano 1987.

- Finalista do "Premio Ondas" ano 1990.

- Premio "Álvaro Cunqueiro" ano 1999.