Enrique Muíño


Categoría: Actor
Data de Nacemento: En 1882 (†En maio de 1956)
Lugar de Nacemento: Laracha (A Coruña)
 Currículum

Emigrou a Bos Aires e empezou a traballar con 12 anos. Cando dixo que quería ser actor, seu pai obrigouno a ingresar na Armada. Converteuse en actor en 1902, logo de remata-la milicia, chegando a traballar sen cobrar. Ezequiel Soria ofreceulle a posibilidade de debutar en papeis de certa entidade.

 Obras realizadas

Representou durante anos ós clásicos españois e o sainete crioulo e gauchesco. Viaxou de xira a Galicia coa compañía Muíño-Alippi en 1922, representando tamén en Madrid, Barcelona, Valencia, San Sebastián e Bilbao. Tamén fixo películas, sendo as máis importantes: Los habitantes de la leonera (1918), Los cadetes de San Martín (1937), Viento Norte (1937), Callejón sin salida (1938), El viejo doctor (1939), Alas de mi patria (1939), Así es la vida (1939), Huella (1940), El cura gaucho (1941), El viejo Hucha (1942), Su mejor alumno (1944), Caballito criollo e El abuelo. Unha vez retirado adicouse á pintura, expoñendo na galería "Witcomb".

 Outros datos de interese

Cando estivo en España, recibiu unha homenaxe na Coruña e no Centro Galego de Madrid. En 1941 gañou o premio ó mellor actor outorgado pola Academia de Artes e Ciencias Cinematográficas de Arxentina.