Luis Pérez Fernández


Categoría: Xornalista
Data de Nacemento: 6 de xuño de 1951
Lugar de Nacemento: Nadela (Lugo)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciado en Ciencias da Información (Rama Xornalismo) pola Facultade de Ciencias da Información de Madrid, realizou estudios de Imaxe en Madrid e cursos de doutoramento na Facultade de Económicas de Santiago de Compostela. Traballou como redactor en prácticas na Axencia Efe (1975), redactor do Diario de Lérida (1977-80), redactor e xefe de sección en El Progreso (1980-90), redactor xefe de El Correo Gallego (1990-96), director dos servicios informativos de TVG (1996-2002) e director xerente da Radio Galega (2002-2005). Ademais, foi correspondente de varias axencias de noticias e xornais, xefe de prensa da Cámara de Comercio de Lugo (1987-90), director de Lérida Deportiva (1979), cofundador do semanario La Boira (Lleida, 1998), subdirector e director da revista “Cámara” da Cámara de Comercio de Lugo.

 Obras realizadas

Ademais de numerosos artigos e colaboracións en diversas publicacións, é coautor, con Ernesto Sánchez Pombo, do libro 100 años, editado pola Cámara de Comercio de Lugo. Así mesmo, participou como conferenciante e relator en cursos e seminarios sobre xornalismo.

 Outros datos de interese

Foi presidente da Asociación de Prensa de Lugo (1987-90), presidente da Federación de Asociacións de Prensa de Galicia (1988-89) e vicepresidente da Asociación de Xornalistas de Galicia (1995-99).