Empezou a xogar no Sporting da súa cidade natal en 1909, pasando logo ó Real Club Vigo, onde estivo ata 1924. Despois fichou polo Deportivo da Coruña, onde xogou ata 1930. O seu primeiro partido oficial xógao en 1920, nos Xogos Olímpicos de Amberes, onde xogaría dous encontros máis. Volvería a vesti-la camiseta nacional en 1921 e en 1925, contra Bélxica e Austria. Este último partido sería a súa despedida da selección. A súa despedida do fútbol tivo lugar en 1930, nun Deportivo-Barcelona.
Cando se remodelou Riazor, dedicóuselle unha estatua fronte ó Palacio dos Deportes.