Elena Muñoz Fonteriz


Categoría: Conselleira de Facenda
 Currículum

Licenciada en Ciencias Económicas pola Universidade de Vigo, especialidade Economía Pública, pertence á Escala Superior de Finanzas da Xunta de Galicia desde 1999.

Na Intervención Xeral da Xunta de Galicia os postos desempeñados foron: xefe de servizo de fiscalización e contabilidade ata o ano 2001, xefe de servizo de control financeiro de operacións correntes ata o ano 2004 e subdirectora xeral de control financeiro ordinario ata o ano 2009.

Foi interventora Xeral da Comunidade Autónoma desde 2009 ata o seu nomeamento como conselleira de Facenda en xaneiro de 2011.

Na Intervención Xeral da Comunidade Autónoma tivo a responsabilidade de dirixir o órgano responsable do control interno da actividade económico-financeira de Galicia, dos seus organismos autónomos e demais entidades dependentes.

No exercicio desas funcións realizou a fiscalización de todos os actos con contido económico, o control financeiro permanente das entidades integrantes do sector público autonómico, o control financeiro das actuacións financiadas con fondos da Unión Europea e o control financeiro dos perceptores de subvencións públicas. A Intervención Xeral é o centro directivo e xestor da contabilidade pública de Galicia.