Licenciado en Ciencias Económicas. Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Universidade de Santiago de Compostela (1984-1989).
Curso de Posgrao de Comercio Exterior, organizado pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (Departamento de Fundamentos da Análise Económica) (outubro 1989 - junio1990).
Curso de Técnicas de Importación e Exportación, organizado polo Centro de Estudos Comerciais da Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Economía e Facenda e a Cámara de Comercio e Industria de Madrid (outubro 1989 - xuño 1990).
PDD (Programa de Desenvolvemento Directivo) do IESE (2006).
Cursos e seminarios de menor rango. Asistencia a máis de 50 cursos de formación complementaria durante a etapa académica e profesional.
EXPERIENCIA PROFESIONAL
-Decembro 2002 – hoxe: Director xerente de Begasa (Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.).
Begasa é unha empresa con sede social en Lugo que se dedica á distribución de enerxía eléctrica na provincia de Lugo e Barras Eléctricas Generación á xeración de enerxía eléctrica. Begasa forma parte do Grupo Eon e do Grupo Unión Fenosa e a cifra de negocio no exercicio 2008 ascendeu a 83 millóns de euros, ten 160.000 clientes e 87 traballadores.
En dependencia do consello de administración da sociedade e do presidente da mesma, a súa misión é dirixir, xestionar, coordinar, supervisar e controlar todas as áreas da empresa para garantir os resultados económicos, a satisfacción dos clientes, a xestión do equipo de colaboradores e a eficacia organizativa dos proxectos, procesos e servizos. Propoñer, dirixir e supervisar a elaboración e o seguimento dos obxectivos e procesos orzamentario sen contido e prazos establecidos. Propoñer e executar, sempre dentro da legalidade establecida, as políticas económicas, contables, fiscais e financeiras da empresa. Propoñer, actualizar, executar e coordinar o cumprimento do Plan Estratéxico da Empresa. Propoñer e implementar melloras na xestión económica e organizativa da empresa. Propoñer e implementar, de forma regular e continuada, iniciativas para a mellora da xestión dos recursos humanos.
Manter en todo momento informado ao Conselleiro Delegado de calquera incidencia que faga perigar o cumprimento de obrigacións e responsabilidades deste órgano fronte a terceiros, propoñendo e implementando de inmediato medidas paliativas.
Coordinar a elaboración, revisión e aprobación de compromisos xurídicos da empresa con terceiros. Coordinar as actuacións da súa área de xestión coas correspondentes doutras empresas do grupo. Facilitar ao Conselleiro Delegado toda a información relevante para a adecuada toma de decisións. Participar na toma de decisións corporativas. Realizar as tarefas de representación da empresa ante empresas e institucións.
-Febreiro 2008 – hoxe: Presidente da Fundación CEL Iniciativas por Lugo.
É unha fundación promovida pola Confederación de Empresarios de Lugo. Está integrada polas empresas máis representativas da provincia e ten o apoio das principais entidades financeiras galegas. Os seus obxectivos son fomentar o crecemento e potenciar o tecido industrial da provincia de Lugo a través do deseño e posta en marcha dunha ampla gama de actividades que favorezan a creación de empresas e que impliquen directamente a xeración de emprego estable e o incremento do valor engadido da provincia. Entre as súas actividades están o programa de viveiro de empresas, a axencia de emprego, a rede CIRCE, os premios anuais da Fundación (premios creación e posta en marcha de proxectos empresariais) , a publicación “Lugo en Cifras”...
-1994 - 2002: Director financeiro-administrativo de Begasa.
As funcións desempeñadas foron a dirección e organización das estratexias e políticas da compañía en materia financeira, contable e administrativa, dirixindo e coordinando todas as actividades nestes ámbitos. Responsable da dirección e organización da xestión comercial da empresa. Dirección e coordinación das relacións cos servizos profesionais contratados da área xurídica da sociedade e informática xeral. Encargado das relacións e negociacións, nas áreas descritas, con auditorías externas, internas, organismos oficiais, entidades financeiras e consultoras. Elaboración, control e seguimento de orzamentos e previsións, así como da elaboración de informes financeiros e recomendacións para o consello de administración.
-1990-94: En setembro de 1990 incorporouse a unha das primeiras firmas multinacionais de auditoría e consultoría, Arthur Andersen (hoxe Deloitte &Touche), desenvolvendo a súa carreira profesional ata maio de 1994 e alcanzando a categoría de xefe de equipo. Durante a súa estancia en dita firma, participou en auditorías de empresas de todos os sectores con implantación en Galicia, en traballos de racionalización de gastos de explotación e reestruturación de procedementos administrativos, realización de diversos manuais de funcións para áreas determinadas da empresa, estudo de viabilidade de grandes proxectos financeiros, elaboración de proxeccións financeiras e implantacións de contabilidade. Tamén realizou auditorías de entidades bancarias.
-Maio-xullo de 1990: Colaborador nun traballo de investigación para a elaboración dun modelo econométrico da economía galega no Departamento de Econometría da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela.
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
-Desde 2002 forma parte da xunta de goberno do Colexio de Economistas de Lugo e desde xuño de 2008 é o vicedecano do colexio.
-Desde 2003 é membro do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.
-De 2004 a 2006 foi membro da Comisión Mixta para a análise do marco de financiamento da Universidade de Santiago de Compostela.
-Desde 2004 é membro da Comisión de Asuntos Económicos do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.
-Desde 2006 é vogal cooperador do Pleno da Cámara Oficial de Comercio de Lugo.
-Desde 2003 é membro do Padroado da Fundación CEL (Confederación de Empresarios de Lugo).
-Desde 2008 é vogal da xunta territorial de Galicia do IESE.
-De 2005 a 2007 foi membro do Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela.
-De 2003 a 2008 foi responsable da Comisión Delegada dos premios anuais da Fundación CEL (premios creación e posta en marcha de proxectos empresariais).
-De 2004 a 2006 foi membro do consello escolar do Colexio Marista “La Inmaculada”.
CONFERENCIAS
-2000: Relator nun seminario no “I Encuentro sobre Prevención de Riesgos Laborales” baixo o epígrafe "Costes de la Prevención", organizado pola Confederación de Empresarios de Lugo.
-2004: Relator no seminario “Aprendiendo a liderar” baixo o epígrafe “Liderazgo en la empresa”, organizado polo Rotary Club de Lugo.
-2004: Relator nas “Jornadas de orientación Laboral” da Facultade de Administración e Dirección de Empresas, Universidade de Santiago de Compostela - Campus de Lugo.
-2004: Relator no simposio “Electrificación en España” baixo o epígrafe “Liberalización de la energía eléctrica”, organizado polo Colexio Oficial e Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia.
-2007: Relator no seminario “Día del emprendedor” baixo o epígrafe “Masters de la Estrategia Empresarial”, organizado polo Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo.
-2008: Moderador no relatorio organizado dentro dos actos de celebración do III Día do Emprendedor na provincia de Lugo (Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo).
-2009: Moderador na mesa redonda “Aprendiendo de las empresas campeonas”, organizada dentro dos actos de celebración do IV Día do Emprendedor na provincia de Lugo (Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo).
PUBLICACIÓNS
Publicou un artigo firmado no diario El Progreso (Lugo), dentro dun especial do Colexio de Economistas de Lugo. O artigo analiza a xestión dunha empresa no marco da competencia (8 de xullo de 1998).
-Participación en tertulias de radio en representación do Colexio de Economistas de Lugo.
-Membro do xurado de avaliación de proxectos do Curso de Posgrao de Dirección de Empresas organizado pola Facultade de Ciencias Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo) (2003).