Desde 1975 ata 1985 foi correspondente da TV-Sudamericana na Coruña e da Axencia de Noticias "Galicia-Press" no ano 1985. Foi nomeado director de TVISA Radio e TV ata o ano 1990 data na que foi nomeado correspondente delegado dos semanarios máis importantes de Portugal "O Emigrante - Mundo Portugues" e ?O Lusitano", cargos que ocupa na actualidade. No ano 1995 tamén foi nomeado correspondente na Coruña do xornal portugués Jornal de Noticias cargo que aínda ocupa. No ano 1996 é nomeado correspondente na Coruña dos xornais rexionais lusos "Amadora Sintra", "Falcao do Miño" e "Almada-Press", polo que nestes momentos é o representante oficial en España e Galicia da prensa portuguesa. Á parte do xornalismo, foi analista xefe de Primeira no Control de Calidade na Factoría de Elaborados Metálicos S. A. EMESA da Coruña.
Membro numerario da Asociación de Prensa Deportiva Española, da Asociación Internacional de Prensa Deportiva e da Asociación de Prensa, Radio e Tv. Ten os títulos de Arquitecto Técnico, Delineante Proxectista e de Mergullador Profesional.
Afeccións: Cine, vídeo, filmacións e documentais submarinos e escafandrismo.