Ángel Lorenzo Macías


Pseudónimo:Lorem
Categoría: Deseñador e pintor
Data de Nacemento: 3 de marzo de 1956
Lugar de Nacemento: Pontevedra
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

Xa desde pequeno sente especial atracción pola pintura e o debuxo. As súas primeiras pinceladas, con tan só trece anos, levaranlle a entrar nun mundo artístico que o fascinará e impulsará a desenvolver e cultivar as máis diversas técnicas, pero problemas económicos impídenlle cursar estudios de pintura, se ben cursará estudios de Delineación, Proxección e Deseño. Os seus comezos céntranse no lapis, facendo un percorrido polas técnicas do carbón, plumiñas e tinta ó pincel, realizando a súa primeira exposición con gran éxito en Pontevedra en 1992. En 1995 retoma os seus estudios de arte perfeccionando, durante dous anos, as técnicas de óleo e acuarela. Será a partir de aquí, cando LOREM, tralas innumerables mostras de aprobación decidirá dar a coñecer a súa obra, nun primeiro momento na súa cidade natal (xuño e agosto de 1997) e xa posteriormente por parte da nosa xeografía nacional.