Luis Emilio Batallán


Categoría: Músico
 Currículum

Artista polifacético. Compositor, músico e cantautor, estivo presente na música dende os anos 70.

O artista santiagués gravou catro elepés durante as súas catro décadas de actividade musical, moi recoñecidos e valorados no momento.

“Aí ven o Maio”, o seu primeiro disco, foi un auténtico éxito de ventas, chegando a cifra de douscentos mil exemplares, converténdoo nun insólito supervendas de música galega. Un dos representantes da Nova Canción Galega, musicou a Álvaro Cunqueiro no seu poema “No niño do voo do vento”, remasterizado co título “Quen poidera namorala”.

Durante os oitenta, Luis Emilio traballou con detemento e paixón no seu segundo disco. En 1990, editouse “Ballet da nena”, con letras propias e de ilustres poetas galegos como Uxío Novoneyra, Neira Vilas, Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro y Manuel Antonio.

Dous anos despois de presentar “Ballet da nena”, Batallán editou un novo elepé titulado “Eres un fármaco”. Aclamados foron temas como “Agardei”, inspirado nun poema de C. Emilio Ferreiro.

Tras editar tres discos no século XX, Luis Emilio Batallán sorprendeu a todos co seu cuarto disco “Tu retrato”. Neste elepé contou coa colaboración de grandes músicos e amigos como Pablo Milanés e Joaquín Sabina.

Co seu novo traballo, “Había que chegar”, Luis Emilio achégase a ritmos latinos, melodías tribais e o máis puro estilo jazz. Gravado en Estados Unidos, Cuba, Suíza e España, este disco recupera toda a esencia de Batallán incorporando novos sons e sintonías para continuar completando unha traxectoria musical que continúa medrando e alcanzando novos horizontes co paso do tempo.