Luis Cid Pérez


Pseudónimo:Carriega
Categoría: Deportista
Data de Nacemento: 9 de decembro de 1929
Lugar de Nacemento: Allariz (Ourense)
 Currículum

Xogador Profesional: U.D. Orensana, Ferrol, Real Oviedo, Burgos, Cartagena. Adestrador Nacional: Cartagena (1962-63), Tarrasa-Europa (Barcelona) . U.P. de Langreo . Real Xixón (2 anos en 2ª y 2 en 1ª) . Real Zaragoza (4 anos en 1ª) . Sevilla (3 anos en 1ª) . Real Betis (2 anos en 1ª) . Atco. de Madrid (1 ano en 1ª) . Elxe (1 ano en 2ª) . R.C. Celta (1 ano en 2ª) . Figueras (1 ano en 2ª) . C.D. Ourense (1 ano en 2ªB), Aseguraron a categoría e pasou a Secretario Técnico. -Estivo 14 anos en Primeira División e dirixiu 397 partidos Oficiais. Co Zaragoza acadou a mellor clasificación do equipo: Subcampión. No Xixón (1969-70) foi a Italia a traballar co Inter e co Milán (15 días) para coñece-las súas formas de traballo. No 1979-80 foi a Inglaterra a traballar 15 días co Tottenham. Co Terrasa xogou a promoción á 2ª división. Co Real Xixón, ascendeu a 1ª Co Real Zaragoza no segundo ano (tempada 1973-74) quedaron 3º e clasificáronse para a UEFA. Eliminaron ó Victoria de Setubal, ó Grasoper de Suíza e eliminounos o Borusia de Mönchengladbach. A seguinte tempada (1974-75) quedaron subcampións de liga e outra vez á UEFA. Foron eliminados polo Inter de Bratislavia (Checoslovaquia). Na tempada 1975-76, xogaron a final de Copa contra o Atlético de Madrid que lles gañou por 1-0 no Bernabeu. Na tempada 1984-85, salvou ó Betis do descenso.

 Outros datos de interese

No Real Xixón ascenderon con valores canteiráns, como Quini, Castro, Churruca, Herrero II, Marañón, José Manuel, Lavandera (con idades entre 18-21 anos) No Sevilla: Montero, Yiyi, Álvarez, Rivas, Varela, Asian. Real Betis: Parra, Casado, Gabino. Co Betis, fixo unha gran xira por América contra as selecciones de Paraguai, Chile, Ecuador e Perú.