Luís A. Blanco Vila


Categoría: Profesor e escritor
Data de Nacemento: 9 de novembro de 1936
Lugar de Nacemento: Boiro (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Doutor en Filoloxía Románica (Filosofía e Letras) e licenciado en Ciencias da Información pola Universidade de Madrid (hoxe Complutense). Exerceu profesionalmente o periodismo (correspondente en París e Roma, director, conselleiro, etc.) e a docencia durante máis dun cuarto de século. É profesor de universidade, agregado (titular) e catedrático, exercendo como tal na Universidade San Pablo-CEU. A súa cátedra é a de Teoría da Literatura, perfil Literatura Universal Contemporánea. Foi profesor invitado en universidades estranxeiras, conferenciante, organizador de congresos, seminarios, xornadas de investigación,etc. A súa actividade céntrase actualmente no ámbito universitario. Participou como xurado en importantes premios, foi crítico literario, articulista, director de actividades culturais e de comunicación en Campsa, Tabacalera, Facenda, concellos e varios ministerios.

 Obras realizadas

Ten máis de 30 libros publicados, entre eles unha ducia traducida do francés, latín, italiano, inglés, todos eles de clásicos e humanistas. Escribiu ensaios literarios, novelas (Diálogo con las sombras, Dos días antes y otras antiguallas, Memorias de un gato tonto, etc.), libros de investigación literaria (Para leer a Camilo José Cela) e outros. Foi traductor de San Agustín, Erasmo, Vives, Petrarca, Maquiavello, etc. na súa biblioteca Leyes y Letras ("Colexio de Avogados de Madrid).

 Outros datos de interese

Entre os cargos que ocupou podemos destacar: Presidente do Centro Galego de Madrid, presidente do Club de Periodistas Galegos en Madrid e presidente da Federación de Asociacións da Prensa.