Bartolomé Rajoy Losada


Categoría: Bispo
Lugar de Nacemento: Pontedeume (A Coruña)
 Currículum

Estudiou Filosofía no Colexio de San Jerónimo de Santiago, despois Leis e Canóns e graduouse de avogado na Real Audiencia da Coruña.

 Obras realizadas

Foi o fundador da "Congregación de Naturais e Orixinais de Galicia", creada en Madrid en 1741, sendo unha das súas principais misións celebra-la Festa do Apóstolo Santiago, Patrón de Galicia e de España, e poñer en contacto a tódolos galegos de Madrid para que se axudaran uns a outros e apoiaran tódolos asuntos que afectaran a Galicia. Pouco tempo despois foi nomeado Comisario Xeneral da Cruzada, un dos cargos eclesiásticos máis importantes na España daquel momento. En 1751 chegou ó bispado de Santiago de Compostela. Construíu e restaurou gran cantidade de edificacións na cidade, sendo a primeira a reedificación da fachada da Azabachería. Construíu tamén o Palacio de Lestrove nas aforas de Santiago. Fundou o Hospital de Carretas, onde se recollía a mendigos e tolleitos que mendigaban pola cidade; o Hospicio para os pobres e influíu nun parente seu, Mateo Vázquez, para a creación do Colexio da Ensinanza. A súa obra máis importante foi a Casa Consistorial do Concello de Compostela, que está fronte á catedral, na Praza do Obradoiro. Ademais, levantou o Seminario de Confesores, ampliou o Palacio Arcebispal e a Casa de Exercicios, construíu o palacio arcebispal en Lestrove, fundou o Asilo de Carretas, a Casa Galera ...

 Outros datos de interese

Ostentou os cargos de capelán maior do rei, da súa Real Capela, Casa e Corte, xuíz ordinario, notario maior do reino de León e conselleiro real.