Realiza os estudos de bacharelato no Colexio La Salle de Santiago e na Universidade Laboral da Coruña. Levou a cabo estudos médicos en Santiago de Compostela (1977 – 1982) e formación especializada MIR en Uroloxía no Instituto de Uroloxía, Nefroloxía e Androloxía-Fundación Puigvert, de Barcelona (1987 – 1991).
Realiza estancias de formación especializada no Centre Hospitalier Regional et Universitaire de Nantes, Clinique Saint-Jean Languedoc de Toulousse, Hospital Universitario de Zaragoza, Washington University School of Medicine de St. Louis, Institute of Urology de Londres, Western General Hospital de Edimburgo, Institut Montsouris de Paris e Hospital Erasme de Bruselas.
Traballou como urólogo no Instituto de Uroloxía - Fundación Puigvert de Barcelona (1992-93), no Hospital Monte Naranco de Oviedo (1994-97) e no Hospital Povisa de Vigo (desde 1997), hospital onde desde 2008 é xefe do Servizo de Uroloxía.
Realizou un máster en Xestión de Unidades Clínicas.
Numerosos traballos publicados en revistas nacionais e internacionais recollidas en Medline: Cirugía Española, Actas de la Fundación Puigvert, Actas Urológicas Españolas, Archivos Españoles de Urología, Progrès en Urologie, Internacional Urology and Nephrology, Surgery, Urology, British Journal of Urology, Journal of Urology, Urologia Internationalis, European Urology, Brasilian Journal of Urology e De Historia Urologiae Europeae.
Publicou varios traballos sobre a historia da uroloxía en Galicia e España.
En 1999 inicia en Galicia as técnicas de cirurxía laparoscópica en Uroloxía.
Áreas de especial interese: cirurxía do cancro urolóxico por laparoscopia e cirurxía minimamente invasiva da litiase renal e uretral.
Membro do European Board of Urology.
Membro da Asociación Española de Uroloxía, European Association of Urology e Sociedade Galega de Uroloxía.
Membro do Comité de Historia da Uroloxía na European Association of Urology.
Membro do Comité Editor de Actas Urológicas Españolas, órgano de expresión da Asociación Española de Uroloxía e a Confederación Americana de Uroloxía.