Lourdes Acera Olaso


Pseudónimo:A. Olaso
Categoría: Pintora
Data de Nacemento: 11 de febreiro de 1969
Lugar de Nacemento: Durango (Vizcaya)

   Cultura
 Currículum

Licenciada en Belas Artes pola Universidade do País Vasco en 1992, participou en varios cursos e obradoiros como o II Minicurso de activación da creatividade (Universidade de Santiago, 1998), XIV Curso de verán estampa contemporánea (Universidade de Santiago, 1998), taller MACUF, Pablo Ruiz Picasso, dirixido por Juan Genovés (1999), curso de talla de madeira e restauración de mobles nas Pontes (2000), curso de escultura en alabastro, impartido por Eadhmonn “Condros” (2000), taller MACUF, Pablo Ruiz Picasso, dirixido por Martín Chirino (2001), curso “Plástica en primaria” do CEFOCOP de Ferro, obradoiro de cómic, impartido por Manel Cráneo nas Pontes (2001), taller Fundación Marcelino Botín, dirixido por Miguel Navarro (2002), obradoiro MACUF, Pablo Ruiz Picasso, dirixido por Eduardo Arroyo (2003), asistencia á “I e II Xuntanza de Xoves Artistas”, Xunta de Galicia (1998 e 1999), participación na Feira de Debuxo e Gravado en Lugo (1998 e 1999) e na Coruña (1998), asistencia á “Xuntanza do Grupo 20”, Xunta de Galicia (2001) e asistencia ó “III Encontro de Torneiros” en Xermade - Lugo (2000).

 Obras realizadas

Entre 1992 e 2001 levou a cabo exposicións individuais en lugares como Galdácauo (Vizcaya), As Pontes (A Coruña), Ferrol, Pontedeume, Poio (Pontevedra) e Lesneven (Bretaña – Francia) e colectivas entre 1996 a 2004 en Burela (Lugo), Sala Juan Larrea (Bilbabo), Mugardos, As Pontes e Pontedeume (A Coruña), Concello de Erandio (Vizcaia), Cervo (Lugo), auditorio de Caldas de Reis (Pontevedra), Cambre (A Coruña), Casa de Cultura de San Sadurniño (A Coruña), Casa da Parra de Santiago, Cangas do Morrazo (Pontevedra), Convento do Carme en Padrón (A Coruña), Paseo Marítimo da Coruña, O Barco de Valdeorras (Ourense), Concello de Lora del Río (Sevilla), Fundación Eugenio Granell de Santiago, Fundación Marcelino Botín en Santander, etc...

 Outros datos de interese

Conseguiu o primeiro premio de Pintura “Galería Burela” en Burela (Lugo), ano 2000 e a bolsa “X Valdearte. Encontro na Paisaxe”, O Barco de Valdeorras (Ourense), 2001. A súa obra figura no MACUF, Sala de Arte do Concello de Burela, colección Valdearte, casa de turismo rural Murueta de Abadiño (Vizcaia) e coleccións particulares. Realizou tamén intervencións colectivas e individuais efímeras en diversos lugares naturais.