Loli Regueira é licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo.
Especializouse nun posgrao en dirección de arte publicitaria e é unha artista plástica activa onde as haxa.
Realiza exposicións habitualmente para amosar o seu traballo.
En tempo libre e por amor ao arte, xestiona o blogue www.artebarbanza.com, unha plataforma aberta para a difusión e dinamización do arte na comarca do Barbanza e os seus arredores.
Comisariou a primeira exposición de novos artistas nados nos 80 "Arte Barbanza 1980" para o Auditorio Municipal de Ribeira en 2012.
Ademais, colabora coa Tenda-Galería O Faiado en proxectos expositivos para o mesmo espazo.
É membro activo do colectivo Creaturas forxado en Boiro e para o que deseña, xunto a Pascual Vidal e María Magán, a primeira edición de "Artists Upstairs- Conversacións sobre a creacións e os seus motores" que ten lugar no Centro Social de Boiro en outubro de 2013.