
CurrículumEstuda solfexo desde os 16 anos co director da banda municipal de Lugo, Francisco Méndez., realizando a continuación algúns estudos de violín e guitarra.
Ós anos de idade perde a visión a consecuencia dun accidente e prosegue xa en sistema "BRAILLE" os estudos de harmonía e contrapunto cun profesor invidente de Santiago de Compostela, chamado Emilio Gutiérrez.
Posteriormente trasládase a Valencia como empregado da ONCE e despois de varios anos continúa os estudos de Instrumentación, Formas Musicais, Atonalismo, Dodecafonismo, Serielismo, Politonalismo... Co director do Conservatorio Superior de Música de Valencia, e posteriormente catedrático de composición de dito conservatorio, Armando Blanquer Ponsada.
Obras realizadasO citado autor compuxo varias obras corais de carácter galego, tales como unha FUGA para Cuarteto de Madeira, outra FUGA para Quinteto de Metal, outro Sexteto para instrumentos mixtos e Celesta, cinco Rapsodias Galegas, para gran banda, varias pezas para instrumentos folclóricos de dita rexión, unha Suitte para gran banda e gaitas, algúns pasodobres tamén para banda e tres sinfonías para Gran Orquestra.