Javier Prado


Categoría: Músico
Data de Nacemento: En 1978
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

É Músico, Diplomado en Maxisterio na especialidade de Audición e Linguaxe pola Universidade da Coruña (UDC) e Técnico en Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas polo Instituto Isidro Parga Condal. Estudia Dereito na UDC.

 Obras realizadas

Xunto ó cantautor coruñés Antonio León tocou nos grupos La Mezquita e Tirando Pa´Lante, primeira banda en fusionar o blues co flamenco en Galicia.

Despois de gravar e producir o primeiro EP en solitario de Antonio León, Javier Prado crea o seu propio proxecto: Moondogs Blues Party. Grava e produce todos os instrumentos do seu primeiro disco, “O Cadelo lunático” co que obten o 1º Premio do concurso “Talentos 2007” de EL PAÍS.

A súa música véndese en Canadá con Kerf Music e o produtor norteamericano Kris Kaczor usou o seu tema “Walking night in Missisipi” para un DVD sobre a escravitude do Instituto de Historia de América. Na actualidade está gravando os temas do seu segundo disco: “Thirty Roads”.

Colabora en diversos proxectos musicais e culturais, como o audiolibro de poemas “Esencia de Trementina” da poeta lucense Cristina Corral Soilán.
É o secretario da asociación cultural “Desire” e coedita o fanzine local "16Toneladas".

 Outros datos de interese

Actualmente, Javier Prado traballa como creador de contidos de e-learning na empresa Netex.