Tras licenciarse en Filoloxía Xermánica pola Universidade de Santiago de Compostela (xuño 1997), realizou cursos de doutorado no Departamento de Teoría da Literatura e Crítica Literaria da mesma Universidade. No ano 2000 foi admitida no 'Institut für Theaterwissenschaft' (Instituto de Ciencia Teatral) e presentou o proxecto de tese de doutoramento ‘Posibilidades de posta en escea do erotismo’, Ludwig-Maximilian-Universität, Múnic. Tamén foi bolseira da Fundación Pedro Barrié de la Maza. Ademais, participou no congreso de xermanistas ‘Norma e transgresión na lingua e literatura alemanas’ (outubro 1995), no congreso ‘Danés: Lingua e cultura’, Expolengua, Madrid (abril 1996) e nas V Xornadas de Filoloxía Alemana: literatura actual austríaca. Entre a estética e a política, Departamento de Filoloxía Inglesa, Alemana e Francesa da Universidade de Oviedo.
Polo que respecta á súa formación como actriz, realizou cursos de interpretación na Escola de Formación Teatral Cristina Rota de Madrid, o Seminario ’A dramaturxia ó servicio do actor: a orixinalidade da representación coma resultado da elección dunha tarefa escénica axeitada’, Escola de Formación Teatral Cristina Rota de Madrid, o curso de teatro para directores e actores profesionais Natasha Projet, Sala Galán (Santiago de Compostela), Curso de Music-Hall, Escola de Formación Teatral Cristina Rota de Madrid, Curso de Posgrao ‘O arte dramático. Teoría e práctica da Interpretación’, Universidade de Santiago de Compostela (1997-98), Seminario ‘Interpretación ante a cámara’, Escola de Imaxe e Son da Coruña, Seminario polos Teatros de Grecia, Euroclassica. Federation Européene des Associations de Professeurs de langues et de civilisation classiques (Atenas), Seminario ‘Danza antigua e contemporánea’, Universidade de Santiago e práctica no departamento de prensa e relacións públicas, Teatro Estatal Bávaro (Residenztheater), Múnic.
Como actriz de teatro, participou no grupo ‘Minerva Teatro’, dirixido por Roberto Leal, en once montaxes: ‘Xardín de outono’, de Diana Raznovich, ‘O soño de Hollywood’, de Manuel Noya, ‘La casa de Bernarda Alba’ [Poncia] e ‘Doña Rosita a soltera’ [Tía de Doña Rosita], de F.G. Lorca, ‘O que tal nos fixo Adán’, AAVV, ‘La cámara negra’, de Eugenio Granell, ‘Entreacto’, AAVV, ‘Collage para un Ultramarinos’, AAVV, ‘K’, de Franz Kafka, ‘Des-contos’, AAVV e ‘Todo sen a pasta’, AAVV; no grupo ‘Galileo Teatro’ (1995-99), dirixido por Pedro Rubín Garrido, en catro montaxes: ‘Descubrir a lectura é un espectáculo’, ‘Trasnos’, de Rafael Dieste, ‘Nenerías’, de Fefa Noia e ‘O pauto do demo’, de Ánxel Fole; na montaxe ‘Primeiro Movemento para Figuras Brancas’, representada no Millenium Festival da Capitalidade Cultural Europea; o grupo ‘Matarile Teatro’, dirixido por Ana Vallés (2000-02) nas montaxes: ‘Rose war blau’ (Rosa era Azul/Rosa estaba Triste) e Totentanz (Danza dos Mortos), Festspielhaus, Múnic. Tamén colaborou como axudante de dirección en ‘Calígula’, de Albert Camus no Centro Dramático Galego. No ano 2002, colaborou como asistente de dirección da Fundación Teatro da Abadía, Madrid, na montaxe ‘Memoria de un Olvido’, de Luis Cernuda, ‘El Rey Lear’, de W. Shakespeare, ‘El Rey se muere’, de Eugène Ionesco, ‘Garcilaso, o Cortesano’, de Garcilaso da Vega.
No campo do audiovisual, colaborou como actriz nas seguintes curtametraxes: ‘Bos Modais’ (1996), dirixida por Inés Peleteiro e Teté Rocamonde, O Pranto (1997), dirixida por David Santamaría e ‘Unha impecable Soidade’ (1998), dirixida por Rossana Díaz e nas seguintes campañas publicitarias: ‘Camiño de Santiago’ (Continental Produccións, 1998) e ‘Siemens’ (Ammerbacher Media Visisons GmbH. Nurenberg, dirixido por Steinlein, 2002). Tamén foi actriz e guionista no programa ‘A Casa da Tralla’, Radio Ser Galicia, dirixido por Luis Bello.
Ademais, é a autora de ‘Nenerías’, estreada o 29 de febreiro de 1995 na Sala Galán de Santiago de Compostela, a versión de ‘O pauto do demo’ de Ánxel Fole, estreada o 2 de maio de 1997 no Círculo de Belas Artes de Lugo, ‘Leality Show’, estreada o 25 de febreiro de 1997 en Ultramarinos, Santiago, ‘Sen prescripción médica’, estreada o 21 de xullo de 1997 na Fundación Granell de Santiago de Compostela e ‘Morte dun Viaxante’, traducción ó galego de ‘Death of a Salesman’ de Arthur Miller en Cadernos do Centro Dramático Galego. Ed. Xerais.
En 1999, publicou ‘O tratamento da novela grega en Grego busca Greega de Friedrich Dürrenmatt’ na revista de Filoloxía clásica ‘Myrthia’, nº 14, Universidade de Murcia. Ademais, participou no relatorio ‘Granell Feiticeiro’ no Congreso Internacional de Surrealismo, en homenaxe a Granell, Salonteatro (Santiago). Tamén é autora do relatorio e publicación ‘Keine Blicke durch Schlüssellöcher mehr. Sexualität, Ästhetik und Perspektive in Elfriede Jelineks. Die Klavierspielerin’ (Nin unha mirada máis polo ollo da pechadura. Sexualidade, estética e perspectiva na Pianista de Elfriede Jelineks), no IV Congreso da FAGE, Universidade de Santiago.