Alfredo Iglesias Suárez


Categoría: Economista e profesor
Data de Nacemento: 5 de xaneiro de 1942
Lugar de Nacemento: A Coruña
Teléfono: 967502714
Fax: 925268001
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Bilbao en 1970, doutorouse en 1979 pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese de doutoramento Posibilidad y efecto de la implantación en España de un impuesto sobre el valor añadido. Durante o período 1970-1983, exerceu a docencia na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e na Facultade de Dereito (Universidade de Santiago). Desde 1974 a 1982, impartiu clases de Economía Política e Facenda Pública na Universidade a Distancia (Centro Asociado de Pontevedra). Desde 1973 a 1984, impartiu as materias Problemas do Desenvolvemento Español e Prácticas de Seguridade Social na Escola Social de Santiago. A partir de 1986, traballou na Universidade de Castilla-La Mancha, impartindo clases na Facultade de Dereito e na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Albacete. Colaborou como profesor visitante na Universidade de Cali (Colombia), a Universidade da Beira Interior (Covilla - Portugal), a Université Montesquieu (Bordeaux IV) e na Maison de Pays Ibériques. Centre National de la Recherche Scientifique. Université Michel de Montaigne (Bordeaux III). Ademais participa con programas de intercambio de estudiantes (ERASMUS, TEMPUS e SOCRATES) con diferentes Universidades europeas como Amsterdam (Holanda), Roma (Italia), Bordeaux (Francia), Emden (Alemania), etc.

 Obras realizadas

Ademais de certos traballos de investigación, publicou artigos e libros, entre os que podemos destacar: Posibilidades y efectos de la implantación en España de un impuesto sobre el valor añadido (Servicio de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela, 1979, extracto de tese de doutoramento); "Imposición indirecta regional. Una aproximación al caso español" en Cuestiones de desarrollo regional, Caixa de Aforros de Zaragoza, Aragón e Rioxa, 1981; "Influencia del sistema fiscal en el sector agrario gallego. Una nota en relación con la CEE" en Revista Galega de Estudios Agrarios nº 4 (Servicio de Publicacións da Universidade de Santiago, 1981); "La Alcabala", traballo incluído no libro homenaxe ó profesor Otero Varela (Santiago, 1981); Problemática del sector pesquero en Galicia (A Coruña, 1977); Ciudad Real ante el reto del 92 (1989); Invertir en Albacete (Deputación de Albacete, 1990); Apuntes del pensamiento Económico y Financiero, Ed. Bomarzo, 1991; 'Basic Issues of the Financing of the Autonomous Communities in the Fourth World Congress of the Regional Science Association International (Servicio de Publicacións das Illas Baleares, 1992); "Los ingresos de la Hacienda de Galicia" en Orientación Económica y Financiera nº 154 (1980) pp 7-12; "El sector industrial de Galicia y el ingreso de España en la CEE: algunos comentarios" en Mitteilungen des Deutschen Spanishchlehervergands nº 42 (1986), pp 69-78; "El Impuesto sobre el Valor Añadido y la Autonomía de Galicia" en Orientación Económica y Financiera nº 155 (1981), pp 11-14, etc. Realizou, ademais, múltiples traballos de investigación en colaboración con outros profesores.