Carlos Mantilla Rodríguez


Categoría: Político, profesor universitario, economista e avogado
Lugar de Nacemento: Sober (Lugo)
 Currículum

É Doutor en Economía Aplicada pola Universidade CEU-San Pablo, Licenciado en Dereito pola Universidade Camilo José Cela de Madrid, Licenciado en Ciencias Económicas e Comerciais pola Universidade de Bilbao, Diplomado en Estudios Avanzados (Economía Aplicada) pola Universidade CEU-San Pablo CEU e Profesor e Perito Mercantil pola Escola de Comercio de Vigo-Universidade de Vigo.

 Obras realizadas

Actividade Política:

Entre 1.993 e 2008 foi Deputado Nacional no Congreso dos Deputados nas Lexislaturas V, VI, VII e VIII. Durante dúas lexislaturas foi o Portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario Popular no Congreso, sendo Ministros de Pesca, Loyola de Palacio, Arias Cañete e Jesús Posada.

Entre outras actividades, foi relator no Congreso dos Deputados de varias leis, entre as que podemos destacar:

Lei Concursal, Lei de Contratos do Estado, Lei de Pesca Marítima do Estado, Lei de adaptación da lexislación mercantil á normativa da UE- P.G.C, Lei de Sociedades de Responsabilidade Limitada, Lei de Adaptación IVA a la UE, ...

Entre os anos 1989 e 1.993 foi senador pola provincia de Pontevedra na Lexislatura IV.

Entre 1987 e 1991 foi Deputado Provincial e Vicepresidente da Deputación de Pontevedra e entre 1983-1991 foi concelleiro e portavoz do Partido Popular no Concello de Vigo.

 

Distincións recibidas na súa traxectoria profesional e política:

Medalla de ouro do Instituto de Censores de Contas de España pola súa “decidida e constante contribución á profesión contable, fiscal e mercantil”.

Cruz de Honor de San Raimundo de Peñafort ao ser o principal relator da Lei Concursal ni Congreso dos Deputados.

Medalla de honor do Consello Superior de Colexios Oficiais de Titulados Mercantís.

Encomenda ao Mérito Pesqueiro.

Cabaleiro da Orde do Camiño de Santiago.

 

Cargos que ocupa:

Actualmente é Decano Presidente do Colexio de Economistas de Pontevedra.

Director do Despacho de Asesoría fiscal e Auditoría de Contas Carlos Mantilla Asociados, con sedes en Vigo e Madrid.

2013- actualidade: Vocal do Consello Xeral de Economistas de España.

2011 - actualidade: Vicepresidente 2º do Colexio Oficial de Titulares Mercantís de Vigo.

2012- actualidade: Colaborador, na Radio Gallega, do programa “Galicia Adelante” (Venres de 8am-12am).

2013: Membro da Comisión Xestora do unificado Consello Xeral de Economistas.

2008-2013: Vicepresidente do Consello Superior e Colexios de Titulados Mercantís de España.