Licenciado en Ciencias da Información, especialidade de xornalismo, pola Facultade da Universidade Complutense de Madrid (1983). Traballou para os xornais El Correo de Zamora e El Norte de Castilla en Zamora, onde foi igualmente correspondente de Radio Nacional. Nos derradeiros meses de 1985 trasladou a súa residencia a Santiago de Compostela, onde vive desde aquela. Traballou en Diario de Galicia, en Diario 16 de Galicia e en diferentes gabinetes de comunicación da Xunta de Galicia. Foi correspondente da axencia informativa Servimedia para Galicia e colaborou noutros medios como El Mundo de Galicia, Tribuna Médica, A Nosa Terra ou a Editorial Suplementos de Prensa. Na actualidade mantén o blog http://abrumoso.blogspot.com/
En lingua galega publicou “O anano enredador”, Editorial Grupo ACSA-Diario 16 Galicia (1992); “Outros heroes”, Edicións Positivas (1993); “A citación”, Galaxia (1995); “Como unha pluma liviá”, Editorial Casals (1995); “Días de desterro”, Edicións Xerais (1996); “A serea do deserto”, Alfaguara-Obradoiro, (1997); “Brumoso”, Xerais (1998); “Linguas longas”, Galaxia (1998); “O neno que matou a Deus”, Edebé-Rodeira (1998); “Voces de vacas”, Galaxia (1999); “Noitebra”, Xerais (1999); “Catro pitas”, Edebé-Rodeira (2000); “Un burro hippy”, Edelvives (2000); “Amigo medo”, A Nosa Terra (2002); “Castiñeiro e compaña”, Alfaguara-Obradoiro (2003); “Destrucción”, Xerais (2003); “A alfombra falsa”, Everest (2003); “O dromedario nadador”, Alfaguara-Obradoiro (2005); “O aliado inesperado”, Alfaguara-Obradoiro (2005); “A abella na orella da ovella”, Everest (2007); “Cor gris vida”, Edelvives (2007); “Os globos de andar”, Baía (2008), Premio Meiga Moira; “Lixo”, Xerais (2009); “Cacaborro”, Everest Galicia (2009) e “Hai que ir morrendo”, A Nosa Terra (2010).