Leandro Pita Romero


Categoría: Xornalista e político
Data de Nacemento: 22 de novembro de 1898 (†25 de xuño de 1985)
Lugar de Nacemento: Ortigueira (A Coruña)
 Currículum

Finaliza o seu bacharelato na Coruña e ós 14 anos comeza os estudios de Maxisterio, que rematará en 2 anos. Despois estudia Dereito, licenciándose ós 19 anos. Marcha a Madrid, onde traballa como redactor de El Liberal. Tamén traballou en El Sol e en El Norte de Castilla. De regreso á Coruña dirixiu El Orzán. En 1962, nomeado secretario da patronal coruñesa, publica a novela curta O anarquista. Ese mesmo ano substituirá ó seu pai na presidencia da Federación Agraria de Ortigueira e ó ano seguinte obtén o posto de secretario xeral da Cámara de Comercio da Coruña. É elixido deputado en 1933 e será nomeado ministro de Mariña, ministro de Estado e ministro sen carteira. Foi embaixador ante o Vaticano coa II República. En 1936 exíliase en Portugal, trasladándose máis tarde a Arxentina. Alí mantivo a súa profesión, aínda que tivo que licenciarse novamente en Dereito, e continuou escribindo en varios xornais e revistas como "La Prensa", "Leoplán" ou "La Atlántida". Non regresou a Galicia ata 1960, aínda que non foi de forma definitiva.

 Outros datos de interese

Obtivo o premio Manuel Belgrano de ética e o Alberdi Sarmiento de xornalismo. Representou tamén os intereses do Banco Pastor en Bos Aires.