Leandro Barea


Pseudónimo:Leandro
Categoría: Deseñador gráfico e ilustrador

   Cultura
 Currículum

Diplomouse na Escola de Artes Ramón Falcón de Lugo en deseño gráfico e ilustración en 1997 e desde o ano 2000 colabora diariamente co xornal La Voz de Galicia con dúas viñetas de humor gráfico, así como nos suplementos 'Xatentendo.com', de humor gráfico, 'Fugas', suplemento de ocio ou 'Culturas', suplemento de corte cultural, todos do mesmo xornal pero de periodicidade semanal. Ademais, no año 2002 realizou unha serie de traballos para a revista 'Rockdeluxe' e colaborou co el xornal galego 'A Peneira' no seu suplemento de humor gráfico 'O Farelo', no xornal portugués 'Trevim' no seu suplemento de humor gráfico 'Bronkit', ilustrou parte do libro de Alberto Pascual, 'A uva acidohíbrida de Forxán' e empezou a colaborar durante un ano, ata a súa desaparición en 2003, na revista de cómic xuvenil 'Golfiño'. En 2003, publicou unha historia dunha páxina no álbum H2OIL, monográfico de varios autores en contra da marea negra causada polo petroleiro 'Prestige', colaborou esporadicamente na revista-fanzine 'Monográfico' (2003 e 2004) e cedeu uns debuxos para facer postais virtuais na web 'Vieiros.com' contra a intervención americana en Iraq. En 2004, comezou a publicar debuxos na revista xuvenil 'Mister K', de edicións 'El Jueves' e na revista 'Barnablues'.

 Obras realizadas

EXPOSICIÓNS:
-2001: Exposición colectiva de caricaturas en Seixal (Portugal) e colectiva de humoristas gráficos en Trento (Italia), con motivo da homenaxe á figura do Quixote.
-2002: Exposición colectiva de caricaturistas galegos na VI Bienal de caricatura de Ourense, colectiva de humoristas gráficos na Universidade de Alacante a colectiva de humoristas na cidade portuguesa de Indanha a Nova.
-2003: Exposición colectiva de humoristas no Museo do Humor de Fene, en contra da marea negra do petroleiro Prestige, colectiva dos ex alumnos da Escola de Artes Aplicadas de Lugo 'Ramón Falcón', colectiva de artistas gráficos en contra da catástrofe do petroleiro 'Prestige' en A Coruña e París, exposición no salón de cómic da Coruña, 'Viñetas dende o Atlantico' de orixinais do álbum, H2OIL, retrospectiva de autores iberoamericanos na Universidade de Alcalá de Henares e colectiva de artistas gráficos en contra da represión despois da guerra civil española organizada polo 'Museo do Humor de Fene'.
-2004: Exposición individual no mesón O Forno (Lugo), xurado e artista invitado a expoñer obra fóra de concurso no 'Salón de Caricatura de Vila Real' (Portugal).
Ten obras de humor gráfico expostas permanentemente no museo do Humor de Fene.

 Outros datos de interese

É membro de A.G.P.I. (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) e da F.E.C.O., (Asociación Europea de Debuxantes de Humor), desde 2004 e 2001 respectivamente.
Foi galardoado co 2º premio no Salón de caricatura de Vila Real - Portugal (2000), cunha mención de honor (2001) e co 3º premio (2002), co 1º premio no 2º Certame de Tira Cómica de Irún (2001), foi finalista no concurso internacional de humor 'Curuxa Gráfica 2002' e 'Curuxa Gráfica 2004', organizado polo Museo do Humor de Fene – Ferrol e recibiu tamén o 3º premio no primeiro concurso de humor gráfico en Sober – Lugo (2003) e unha mención no 'Festivale Internazionale de Italia', Roma (2003).