Naceu na vila mariñeira de Noia (A Coruña) en 1935, sendo os seus padriños os seus tíos Manuel Fernández Villamarín e Carmela Vázquez Ulloa. Foi o terceiro de oito irmáns, fillo de José María Vázquez Ulloa, Secretario do Concello da mencionada vila, e de María Fernández Villamarín, filla do notario de Vigo, Severino Fernández Somoza e de Amelia Villamarín Quiroga. Polo seu pai procedía dunha familia con profundas raíces galegas e cunha longa tradición científica. O seu avó paterno –Cesáreo Vázquez Martínez, natural de Silleda- era primo doble do famoso arquitecto ourensán Daniel Vázquez Martínez, autor, entre moitas obras, do Gran Hotel de La Toja (Viscasillas 2015); por outra parte, a súa avoa paterna -Consuelo Ulloa, natural de Orazo-, era prima doble do ilustre astrónomo, matemático e sacerdote Ramón María Aller Ulloa (Viscasillas 2013), fundador do Observatorio Astronómico da USC, que hoxe en día leva o seu nome (Docobo 2014). Seguindo o seu exemplo, dous dos seus irmáns pequenos seguiron tamén o seu camiño e estudaron enxeñería.
Cursou os seus primeiros estudos en Noia, examinándose por libre no Instituto de Santiago de Compostela. Tras disfrutar da súa nenez e xuventude en compaña dos seus numerosos irmáns e curmáns, desplazouse a Madrid para estudar a carreira de Enxeñeiro Aeronáutico na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Aeronáuticos, estudos que finalizaría en 1960. Pouco despois incorporase á empresa BEYRE S.A, da que sería Director do Departamento de Estructuras entre os anos 1965-1975. No ano 1966 obtivo o grao de Doutor Enxeñeiro Aeronáutico. Foi profesor Adxunto de Mecánica dos Materiais da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Aeronáuticos (1963-65) e Catedrático de Mecánica e Resistencia de Materiais da Escola Universitaria de Enxeñería Técnica de Obras Públicas (1967-2000), hoxe Escola Técnica Superior de Enxeñería Civil da Universidade Politécnica de Madrid (UPM).
Chegou a ser Director da mencionada Escola -fundada en 1857- entre os anos 1991-1999. Ocupou diversos cargos na Universidade Politécnica de Madrid (UPM): Vocal da Comisión de Investigación; Vocal da Comisión Económica (1992-1999); Vocal do Padroado da Fundación da Universidade Politécnica de Madrid; Membro do Claustro e Membro da Comisión de Goberno (1991-1999). Ademáis foi Membro da Comisión do Selo de Conformidade CIETAN do Instituto de Ciencias da Construción Eduardo Torroja (IETcc) do CSIC entre os anos 1980-1983, co obxectivo fundamental de “promover a calidade a través do progreso tecnolóxico, dentro da construción, específicamente no campo dos forxados de edificación”.
Foi autor de numerosos traballos sobre Cálculo de Estructuras, dúas monografías do mencionado Instituto Eduardo Torroja e dos libros “Mecánica para Ingenieros. Estática y Dinámica” (1971, 7 ediciones), “Resistencia de Materiales” (1986, 4 ediciones), “Cálculo Matricial de Estructuras” (1992, editado por el Colegio de Ingenieros Técnicos de Obras Públicas e Ingenieros Civiles - CITOP, 2 ediciones) e “El Método de los Elementos Finitos aplicado al Análisis Estructural” (2001), a súa última obra.
En 1968 outorgóuselle o “Premio Eduardo Torroja de Investigación Técnica” do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e en 1990 o “Premio á labor docente” da Fundación Xeral da Universidade Politécnica de Madrid. En 1993 a Delegación de Alumnos da E.U.I.T.O.P. outorgoulle o Premio Especial “Carlos III” polos seus múltiples méritos. Ademáis, no ano 1994 a súa obra “Resistencia de Materiais” foi galardoada co “Premio ó mellor libro de texto” da Universidade Politécnica de Madrid (UPM). En 1994 tamén recibiu o Diploma de Honra do Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas en acordo tomado polo Consello Xeral e ratificado pola Asemblea Xeral. No ano 1999 recibiu a Medalla da Universidade Politécnica de Madrid (UPM) e unha placa da E.U.I.T.O.P., en recoñecemento ó seu excepcional traballo como Director da Escola. Nese mesmo ano o Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas tributouno cunha homenaxe, en recoñecemento ó traballo desenvolvido na formación e prestixio dos nosos profesionais.
O Dr. Manuel Vázquez casou en Madrid no ano 1961 coa Dra. Eloísa López Pérez, Profesora Titular da Facultade de Físicas da Universidade Complutense de Madrid (UPM) dende o ano 1975 e Directora da Revista Española de Física da Real Sociedade Española de Física (1997-2006), coa que compartiu un profundo amor á Ciencia e á Enxeñería, fruto do que sairían varios traballos conxuntos. Tiveron sete fillos, os máis adicados á ciencia e á enxeñería, continuando así a tradición familiar: dúas fillas doutoras en Medicina; dous Físicos (un deles doutor), dous Enxeñeiros de Telecomunicacións e por último un fillo avogado que traballa en Xenebra na Organización Mundial da Propiedade Intelectual (OMPI), organismo das Nacións Unidas.
Autor del texto: Carlos Viscasillas Vázquez.
Referencias:
- Docobo, J. A. 2014. Ramón María Aller Ulloa. Astrónomo e Matemático. Ouvirmos. Sarria. España.
- Viscasillas, C. 2013. Los Ulloa de San Pedro de Orazo (A Estrada, Pontevedra). A Estrada: Miscelánea histórica e cultural 16: 305-316.
- Viscasillas, C. 2015. Los Vázquez de Bearíz (Ourense). Notas para su historia. Boletín Auriense 45: 311-315.