Javier Ozores Marchesi


Categoría: Empresario e escritor
Data de Nacemento: 8 de setembro de 1942
Lugar de Nacemento: A Coruña
Teléfono: 981635317
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Membro fundador da Academia Galega da Gastronomía (sillón Condesa de Pardo Bazán e Arquiveiro da mesma). Membro da Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Medalla Paul Harris Fellow.  Membro do Padroado Condesa de Pardo Bazán. 

 Obras realizadas

Produciu como productor asociado Demonios en el jardín, La mitad de el cielo, La noche más hermosa, Todo es silencio, Malaventura. Como productor executivo: Lareira (para TVG), La raya / A raia (para TVE) e as longametraxes El tiempo de Neville e El baile de las ánimas.

O seu primeiro libro de ficción, "La cena de los videntes" obtivo o premio literario "Fernando Arenas Quintela". Publicou tamén a obra "Cocina Gallega" na Editorial Everest, a novela "La cabeza de la medusa" para a editoral "Primera persona", "Piedra y Luz", basado en lendas e personaxes de pazos galegos, editado tamén por Everest e o libro de gastronomía "52 semanas y tres días". Como membro da Academia de Gastronomía de Galicia coordinou "La cocina gallega antigua" e "La cocina gallega moderna" da Condesa de Pardo Bazán, a primeira edición de "La guía gastronomica de Galicia" e "Donde comer bien en Galicia" da Editorial Everest e as reedicións de "Vigilia reservada" e "Pote aldeano" de Manuel Puga Parga "Picadillo".

 Outros datos de interese

Está casado con Mª del Carmen Calderón Espinosa de los Monteros e ten catro fillas, e nove netos.