Catedrática de lingua e literatura galega, é articulista e colabora en diversos medios de comunicación. Actualmente colabora en La Voz de Galicia con "A rentes de terra". Foi directora da revista feminista de cultura "Festa da Palabra" e tamén da colección de narrativas de escritoras universais "As literatas" de Edicións Xerais. Foi fundadora e intérprete do Teatro de Arte e Ensaio da Asociación da Prensa de Vigo (1959) e fundadora e directora do Teatro Popular Galego. Actualmente é directora do grupo teatral FIGA e codirectora da Galería de Arte Roizara de Vigo.
Impartiu múltiples conferencias e recitais poéticos. Publicou as seguintes novelas: A Orella no buraco (Galaxia, 1965), Amantia (Xerais, 1984), O segredo da pedra figueira (Tintimán, 1986), A semellanza (Sotelo Blanco, 1988), The likeness (Peter Lang, New York, 1999), O solpor da cupletista (Nigra, 1995) e Ten o seu punto a fresca rosa (Xerais, 2000). Tamén escribiu contos (¡Sentinela Alerta!, Tolería para unha desmitificación, Eros e Tanatos, O tapete de ganchillo e As botas –contos eróticos-) e ensaios e textos sobre distintas temáticas: (A muller en Galicia, Recuperemos as mans, Evidencias, Escrita da Certeza, Misoxinia e racista na poesía de E. Pondal, Racionalismo político e literario. Conciliar as Ciencias e as Humanidades, A muller galega no ensino, A nova narrativa ou a loita contra o sentimentalismo, Marxismo e feminismo, A ausencia de amor (erótico) na obra poética de Rosalía, A auténtica Rosalía (Unha lectura de musa a literata), O vendedor de alfombras, O que nunca lle dixen a Eduardo Blanco Amor. Homenaxe a Eduardo Blanco Amor, ... É autora das obras de teatro Antígona. A Forza do sangue (Xerais, 1989) e Parados (1989). Publicou os libros de poesía Metáfora da metáfora (Espiral Maior, 1991), Despertar das amantes (Espiral Maior, 1993), Fóra de min (Son Galicia, 1994), Catro poemas a Rosalía (Fundación Rosalía de Castro, 1997), Elas (2002) e Non o abras como unha flor (recompilación, Xerais, 2004) e tamén ten multitude de poemas publicados en revistas, libros e antoloxías poéticas.
Foi nomeada Galega Distinguida no ano 1995 e a Asociación de Escritores en Lingua Galega concedeulle a LETRA E. Na cidade de Vigo inaugurouse un parque co seu nome.