Juan Vicente Alonso


Categoría: Naturalista
Data de Nacemento: En 1872 (†En febreiro de 1922)
Lugar de Nacemento: Ribadeo (Lugo)
 Currículum

Estudiou o bacharelato en Tapia de Casariego (Asturias) e licenciouse en Ciencias Naturais en Madrid. Colaborou na publicación Madrid Científico desde que se fundou en 1894 e nas revistas Arte y Letras e Actividades.

 Outros datos de interese

Loitou ferventemente por potenciar ás Illas Canarias desde o punto de vista científico, propugnando a creación dunha facultade de Ciencias Naturais en Tenerife.