Rubén Cela Díaz


Data de Nacemento: En 1979
 Currículum

Participou no movemento estudiantil nacionalista, primeiro nos Comités Abertos de Estudantes e posteriormente nos Comités Abertos da Facultade (CAF), formando parte en diferentes ocasións dos órganos da Facultade de Economía en representación do alumnado.

No ano 2000, Rubén Cela foi elixido secretario xeral de Galiza Nova, cargo que ocupou ata o ano 2004.

Membro fundador, en representación de Galiza Nova, da Free Aliance Europe Youth, organización de ámbito europeo que incorpora organizacións xuvenís de dez estados da Unión Europea.

Así mesmo, Rubén Cela Díaz participou activamente en diferentes debates asemblearios do Consello da Xunta de Galicia (CXG).

Membro do Consello Nacional do Bloque Nacionalista Galego e director xeral de Xuventude e Solidariedade na Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia ata 2009.