Foi secretario da Cámara Agraria Local, presidente do Mondariz F. C., director da Caixa Galicia (sucursal de Mondariz), concelleiro (1º tenente de alcalde), alcalde, deputado provincial e presidente da Cooperativa de Vivendas.
Dentro das obras realizadas baixo o seu mandato podemos destacar: Agrupación escolar de Mondariz e Riofrío-Vilar, casa do Concello, pavillón polideportivo municipal, centro de saúde, centro social, traída de augas, apertura e pavimentación de camiños e estradas, depuradoras residuais de augas, rede de sumidoiros, áreas de recreo en praias fluviais de Val e Cernadela, biblioteca municipal e pistas polideportivas.