Realiza os estudios de Belas Artes na Escola Superior de S. Carlos de Valencia, facendo a especialidade de Escultura. Finaliza os seus estudios en 1958. Desde o ano 1970, é catedrático de Debuxo, desempeñando o seu labor no Instituto de Bacharelato "San Rosendo" de Mondoñedo, cidade na que reside dende 1960, alternando a Ensinanza co mundo da Escultura, investiga as posibilidades do ferro; realiza esculturas con este material, con madeira, con pedra e bronce. Pertenceu ó grupo "Los Urogallos" fundado en 1962, e patrocinado polo gobernador Civil de Lugo D. José L. de Azcárraga y Bustamante, grupo formado por sete pintores e un escultor. Realizáronse exposicións en diferentes cidades de España.Pertenceu ó Grupo de Escultores Galegos. Actualmente pertence e foi un dos fundadores do Grupo Artístico e Cultural "O Feitizo".
Realiza exposicións en: -Oviedo 1966. -Vigo 1977. -Rathaus Murten, Suiza 1978. -A Coruña 1980.-Lugo 1980. -Getafe, Madrid 1991.Certames en que participou: -Mestre Mateo (Santiago - 1971).-Nacional de Pequeña Escultura (Valladolid - 1972). -Segorbe (Castellón - 1974).-Nacional de Escultura y Pintura (Madrid - 1975). -Bimilenario (Lugo - 1976).-III Bienal de Escultura (Sarria - Lugo - 1977).-II Bienal de Escultura (Vilanova da Cerveira - Portugal - 1980).-Salón de Primavera (Valencia - 1981).-Bicentenario de Nobles y Bellas Artes S. Eloy (Salamanca - 1984).-Centro Internacional de Arte Contemporáneo do -Salón das Nacións Unidas (París - 1984).É o autor do Monumento ós Caídos de Lugo (1962) e de varios monumentos en diferentes vilas da provincia de Lugo.
Algúns dos premios conseguidos son:
1º Premio en Mestre Mateo.
1º Premio de Segorbe.
1º Bimilenario de Lugo.
1º da III Bienal de Sarria.
Os seus traballos figuran en coleccións particulares de diferentes puntos de España, Suíza, Portugal, Caracas, e Arxentina, no Museo Provincial de Lugo, Sarria, Ferrol e na Caixa de Aforros de Galicia.
Dende 2011 é fillo adoptivo da cidade de Mondoñedo (Lugo).