Entre os postos que ocupou, podemos destacar: Promotora do "Estudio de Artes Escénicas", directora das "Semanas de Teatro Anualess" en Ourense (1983-88), monitora de cursos teatrais para profesores de educación e monitora de teatro de terapia. Foi pioneira do teatro en Galicia, cofundadora e primeira actriz do teatro de cámara "Ditea" de Santiago de Compostela (fundado en 1960). Actúa en produccións que abarcan toda clase de tendencias teatrais, desde Calderón a Arrabal, ó tempo que dirixe varias produccións. En 1974 é confirmada oficialmente no seu cargo de directora adxunta, continuando como primeira actriz. En 1978 traslada a súa residencia a Ourense, ingresando como locutora do cadro de persoal na Cope. En 1988 pasa a titularidade do estudio a Alejandra Rodríguez Villar. En 1993 crea o "Estudio de Artes Escénicas", centro de iniciativa privada co que institúe en Ourense as "Semanas de Teatro Anuales", consistentes en sete estreas diarias de diferentes autores, nacionalidades, tempos e temáticas, cos grupos (infantil, xuvenil e adulto) do propio Estudio de Artes Escénicas, incluídos maratóns de teatro e recitais de poesía. Impartiu cursos de teatro, charlas e conferencias en colexios, institutos, xornadas e asociacións.
No cine traballou nas películas: El emigrante (1979), Divinas Palabras (1987), Los Jinetes del Alba (1990) e Martes de Carnaval (1991). En televisión, traballou en El Novio de Parmuide (1987), El oro y el barro e Compuesta y sin novio. Publicou o libro de poemas Cauce desnudo e Ruega por nosotras (2002), que é unha compilación de artigos publicados en La Región sobre a problemática da muller. Realizou glosas en catálogos de exposicións de pintura, prólogos en actos conmemorativos, comunicacións en sesións académicas e a portada de Enconxuro de Queimada de Lope de Bonaval.
É membro da "Sociedade de Autores de España" e do "Instituto de Estudios Valdeorreses". Conta con varios premios de teatro como primeira actriz e directora teatral, entre eles "Hércules de Plata" (A Coruña, 1996) e "Máscara de Oro" (Lugo, 1972). En 1970 recibiu a felicitación da Comisión Municipal permanente do Concello de Santiago de Compostela polos seus logros como actriz e en 1988 o agradecemento da organización das "Xornadas de teatro galego" de O Carballiño pola axuda prestada á súa realización. Recibiu dúas homenaxes públicas polo seu labor radiofónico e ten sido citada na sección "Magnolias" de El Correo Gallego polo seu labor teatral. É mantedora do "Premio Losada Diéguez" e madriña da primeira promoción do terceiro milenio da Escola Universitaria de Enfermería da Universidade de Vigo (2001). Ten colaborado nos xornais La Voz de Galicia e El Faro de Vigo e nas revistas "Hora Punta", "Ánfora" e "Ecocio". Actualmente ten unha colaboración fixa no xornal La Región de Ourense. Mª Luz Villar aparece en “Poemas del Claustro” (recopilación dos poemas escritos e recitados no Congreso Internacional do Cister), en seis publicacións recopilatorias de poemas de “Os encontros de poetas”, organizados anualmente polo Instituto de Estudios Valdeorreses, en varias enciclopedias, no libro “Quién es quién” de El Correo Gallego, en publicacións teatrais e seccións de “Nomes Propios”.