Ingresou no corpo xeral da Armada. Posteriormente retirouse co emprego de capitán de corveta e traballou para unha compañía transatlántica formando a persoal especializado.
Ademais da súa colaboración na “Revista de Marina”, escribiu as seguintes obras: Don Álvaro de Bazán juzgado por el vicealmirante francés M. Jurien de la Graviére, Cartilla de electricidad práctica, Manual de T.S.H., Cartilla de máquinas de vapor, Geografía marítima, Construcción naval mercante e Guía práctica del marino. Ademais, publicou traballos de carácter histórico e, xunto con Ramón Estrada, libros sobre trigonometría, táboas náuticas e un tratado de navegación.