Cándido Fernández Mazas


Pseudónimo:Dichi y Denys Fernández
Categoría: Pintor e escritor
Data de Nacemento: 18 de diciembre de 1902 (†15-11-1942)
Lugar de Nacemento: Ourense
 Currículum

Os seus primeiros traballos son ilustracións para as obras de Eugenio Montes, Álvaro e Augusto Casas, etc. Coa axuda da Deputación ourensá trasládase a París a completa-la súa formación pictórica, volvendo catro meses máis tarde. Colabora con artigos e debuxos no xornal El Pueblo Gallego. En 1929 dirixiu a parte artística da revista Gaceta de Galicia. Posteriormente trasládase a Madrid e colabora en distintas publicacións e actos culturais, á vez que envía colaboración gráfica e literaria á revista Escuela de Trabajo, de Ourense.

 Obras realizadas

A obra artística de Cándido Mazas atópase dispersa. Ademais dos debuxos publicados en diferentes publicacións, como xa mencionamos, pintou numerosos cadros. Podemos citar Ventana al campo, Rapaza, Rumba, Ángel de la paz, un retrato de Luis Seoane e outros de Sebastián Martínez-Risco. Como escritor, ademais dos seus artigos periodísticos, publicou un libro titulado Santa Margori e unha farsa titulada Los cuernos disparatados. Tamén deixou preparado un libro de versos titulado Aleteia.