Santiago Del Valle Chousa


Categoría: Xornalista e Historiador
Data de Nacemento: 3 de Marzo de 1952
Lugar de Nacemento: Lugo
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Vilcabamba, Historia y Naturaleza

El Misterio de Vilcabamba
 Currículum

Doutor en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid.
Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago.
Diplomado Universitario en Profesorado de Ciencias Humanas pola Universidade de Santiago.
Estudos de Arquitectura Superior en Madrid e Coruña (1º y 2º).
 
Dirixiu doce expedicións de exploración e investigación arqueolóxica no distrito de Vilcabamba desde 1997 a 2009.
En 1997 codirixiu con María del Carmen Martín Rubio a Expedición Juan de Betanzos que identificou o emprazamento da cidade Inca de Pampaconas.
Entre 1998 e 2009 dirixiu expedicións no distrito de Vilcabamba na procura da derradeira capital perdida do derradeiro reino Inca independente, Vilcabamba la Grande, ata localizar a súa ubicación nunha zona deshabitada a oitenta quilómetros ó oeste de Machu Pichu.

 Obras realizadas

Actividade profesional actual:
Redactor dos Servizos Informativos de Televisión de Galicia.
Profesor Colaborador da Cátedra de Periodismo II na Facultad de Ciencias de la Información da Universidad Complutense de Madrid. 
 
Experiencia profesional anterior:
Corresponsal da Axencia Efe en A Coruña (1979-1983). 
Corresponsal de Cambio 16 en Galicia (1982-1985).
Corresponsal de Diario 16 en A Coruña (1982-1985).
Corresponsal de TVE en A Coruña (1983-1987).
Delegado na Unidade Informativa de TVE en A Coruña (1984-1987).
Director das emisoras de Onda Cero Radio en A Coruña e en Santiago e Director rexional en funcións de Onda Cero Radio en Galicia (1991-1993).
Membro do Consello de Administración da Televisión de Galicia desde 1994 ata 1998.
 
Outras actividades profesionais:
Autor de colaboracións históricas na Enciclopedia Galega.
Autor de documentais de carácter histórico. 
 

 Outros datos de interese

Membro fundador da O.N.G. LABAÑOU-SOLIDARIA, que ten por obxectivo a cooperación para o desenvolvemento da poboación do distrito de Vilcabamba e a promoción dos seus valores históricos, turísticos e arqueolóxicos.
 
Presidente do Clube Deportivo Dacabalo, dedicado á práctica ecuestre na natureza, e á defensa e promoción de camiños e rutas históricas.