Licenciado e Doutor en Dereito pola Universidade Autónoma de Madrid, con premio extraordinario de doutoramento.
Especialista en xurisdición voluntaria, arbitraxe, dereito administrativo e fiscal romano. En 1983 obtivo, con 29 anos, a cátedra de Dereito Romano na Universidade de Cádiz e, en 1991, a da Universidade Autónoma de Madrid.
Foi relator no Congreso dos Deputados en trámite de asesoramento do Proxecto de Lei de Xurisdición Voluntaria (2007), vocal da Comisión Xeral de Codificación nos relatorios de Xurisdición Voluntaria nos anos 2002-2005 e 2012 e conselleiro das editoriais Iustel e Dykinson.
Director da Revista General de Derecho Romano de Iustel e da Colección de Monografías de Derecho Romano de Dykinson, vocal da Revista Galega de Administración Pública (REGAP) e da Revista da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, entre máis dunha vintena de Consellos Científicos. Ten publicados 15 libros e 200 artígos relacionados co Dereito Romano, o Dereito Procesual e o Dereito Civil, o que lle valeu o recoñecemento de seis sexenios pola Comisión Nacional de Avaliación da Actividade Investigadora. Dirixiu 14 teses de doutoramento.
Está en posesión da Medalla Castelao (ano 2011), premio de maior prestixio en Galicia, outorgado pola Xunta de Galicia en recoñecemento á súa actividade docente e investigadora.
É Académico de Número da Academia de Xurisprudencia e Lexislación de Galicia.
En 2013, foi elixido Académico de Número da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación para ocupar a vacante da Medalla número 33 da Corporación.
En 2013, é nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade de Plovdiv (Bulgaria).