É licenciado en Dereito pola UNED, posúe o Diploma de Estudios Avanzados (Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado) e está elaborando a tese de doutoramento sobre ‘A acción pública no dereito administrativo’ na Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1983 exerceu como secretario nos concellos de Gironella (Barcelona), Les Val D'aran (Lérida), Chanderexa de Queixa (Ourense), Vilamarín (Ourense), Albesa (Lérida) e Paderne (A Coruña). Tamén foi asesor do Concello de Massalcoreig (Lérida) (1990-91) e xerente da Federación de Municipios Rurais desde marzo de 1994 a novembro de 1997. Desde marzo de 2004 é secretario xeral-interventor do Consorcio para a Promoción da Música e desde abril de 1998 avogado en exercicio no Colexio da Coruña, exercendo a defensa xurídica de entes públicos. Impartiu clases de procedemento administrativo na Escola Galega de Administración Pública. Interveu na negociación dos Convenios Colectivos da Orquestra Sinfónica de Galicia e da Escola Municipal de Música da Coruña. É representante do Concello de A Coruña na Comisión Mixta constituída por este Concello e a Xunta de Galicia para a financiación do Consorcio para a promoción da Música. Tamén é representante do Concello da Coruña e a Fundación Caixa Galicia para a financiación do Festival Mozart de Ópera.
Cofundador da revista en lingua galega EIDOS (marzo de 1976), coordinou tódolos traballos do “Informe sobre la evolución del mundo rural”, correspondente ó período 1975-1991, redactado pola Mesa de Acción Rural e escribiu un artigo no Diario Segre (Lleida) sobre “La crisis del municipi rural catalá”. Desde 1983 exerce como secretario de diversos concellos nos que se realizan actuacións de xestión urbanística e desde 1997 traballa como asesor en diversos instrumentos de planeamento secundario e na elaboración de proxectos de xestión urbanística e de promoción de vivendas. Ademais, participou na selección de persoal de diversos entes locais de Cataluña e Galicia e realizou numerosos cursos e xornadas.
Foi profesor do primeiro, segundo e terceiro Master en Administración Local da Universidade de Santiago de Compostela (2003-06) e foi galardoado coa Medalla da Villa de Albesa (1997). Está en posesión de diplomas que acreditan o seu dominio das linguas francesa, galega e catalana. Posúe coñecementos de inglés.