Juan Francisco Amil Míguez


Categoría: Director xeral adxunto de Emalcsa
Data de Nacemento: 6 de xuño de 1955
Lugar de Nacemento: A Coruña
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

É licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais (1972-77) e auditor membro do REA e ROAC desde a súa fundación. Pertence á Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié. Ten sido vogal da xunta de goberno do Colexio de Economistas da Coruña durante dúas lexislaturas e director do Foro da Empresa Familiar. Desempeñou cargos relevantes en Kelsa (hoxe Bunge), foi primeiro directivo do Grupo Freire-Megasa, consultor de grupos empresariais relevantes, director xeral de Anjoca e desde o ano 2003 é o director xeral adxunto de Emalcsa (Empresa Municipal de Augas da A Coruña).
Actividades docentes: Foi director do MBA de Fynet Bussines and Training durante varios anos e relator en múltiples eventos en relación coa dirección, xestión e finanzas nas Universidades de Santiago e A Coruña, e no Foro de Empresa Familiar. En 2004 foille outorgado o Máster de Honra en Dirección e Innovación “pola súa traxectoria profesional e o seu labor en beneficio das iniciativas de formación para o desenvolvemento profesional” concedido por Fynet Business&Training e a CEC.
Interveu en Bruxelas en  novembro de 2008 no 11º congreso da CEEP, facendo un relatorio sobre  “La escasez de agua en un país mediterráneo: España” (en  www.ceep.eu).

 

 Obras realizadas

 
PUBLICACIÓNS

- “Historia y futuro de la banca: Hacia la Banca virtual”. Galicia en clave económica nº 1.
- “La Gestión financiera del futuro”.Galicia en clave económica nº 3.
- Coautor do capítulo 6 do libro “Mercados Financieros” editado por McGraw Hill.
- “Galicia, presente y futuro económico” publicado en “La Opinión”.