Emigrou a Arxentina con 13 anos e comezou a traballar na tenda dun parente nun pobo. Moi pronto marchou a Bos Aires, onde empezou a traballar como recadeiro na revista Caras y Caretas. Sen embargo, dada a súa habilidade para a caricatura, pronto entrou na redacción como caricaturista. En 1919 pasou a dirixir el a revista e máis tarde fundou e dirixiu tamén a revista Plus Ultra. Tamén se dedicou á pintura, conseguindo un gran éxito.
Realizou exposicións en Bos Aires, Madrid, Roma, Río de Xaneiro, etc.
Foi membro da Real Academia Galega.