Guillermo Sánchez Vilariño


Categoría: Profesor
Data de Nacemento: 25 de Xullo de 1947
Lugar de Nacemento: Lugo
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

É diplomado en Ciencias Empresariais (1987), licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais (1990) e doutor en Ciencias Económicas e Empresariais (2002) pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1995 traballa como profesor asociado da USC no Departamento de Economía Financeira e Contabilidade na Facultade de Administración e Dirección de Empresas. Traballou en distintas empresas do sector privado ocupando distintos cargos.

 Obras realizadas

É autor ou coautor dos seguintes libros: La financiación de las PYME (2000), La planificación comercial en las PYME (2000), Dirección de las PYME (2000), Formas jurídicas y trámites de creación de empresas (2000), La financiación de las PYME (2000), El sector comercial minorista en Galicia (2000), Dirección de PYMES (2000), Axenda Galega do Autoemprego: Como crear unha empresa, Guía Básica para la Gestión de Proyectos I+D+i, Estudio de la rentabilidad de la formación continua en Galicia: agroalimentario-pesca, Estudio de la rentabilidad de la formación continua en Galicia: industria y construcción, Estudio de la rentabilidad de la formación continua en Galicia: servicios , Situación y Perspectivas de la Producción y el Empleo en los Sectores Productivos de la Provincia de Lugo, El Libro Blanco de Auditoria y Formación continua. Elemento clave de empresa del futuro, Detección de las necesidades de formación en empresa, Cultura y formación en la empresa, Administración de empresas. É, ademais, autor de artigos en distintas revistas de economía e realizou distintos traballos e proxectos de investigación. Presentou relatorios e comunicacións en congresos, tanto nacionais como internacionais e impartiu cursos de posgrao, masters e seminarios en centros universitarios.

 Outros datos de interese

É tamén axente e corredor de seguros, axente da propiedade inmobiliaria e auditor de contas. Entre outros, ocupa os seguintes cargos: presidente da Fundación C.E.L, presidente da Confederación de Empresarios de Lugo (C.E.L), vicepresidente da Confederación de Empresarios de Galicia (C.E.G), presidente da Fundación Campus Universitario de Lugo, vicepresidente da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Lugo, vocal da Xunta Directiva da CEOE, membro do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela e presidente da Comisión de Relacións Internacionais da Confederación de Empresarios de Lugo (C.E.L). Tamén é membro do Colexio Oficial de Titulados Mercantís e Empresariais de Lugo, do Colexio de Economistas de Lugo, da Asociación Europea de Dirección e Economía da Empresa (A.E.D.E.M.) e do Colexio Oficial de Administradores de Fincas de Galicia.